Inventario de moluscos da praia da Langosteira:Caramuxo

alfonso1

O caramuxo é un molusco gasterópodo mariño, de pequeno tamaño, que vive nas zonas rochosas da costa. Pertence á familia dos litorínidos, da orde dos Sorbeoconcha.

Presenta a cucha curva, en espiral e ápice en punta, alcanzando tamaños máximos de 2,5 cm de altura. A cor é habitualmente escura (negra e parda), mostrando bandas concéntricas claras e escuras. Na superficie vense numerosas estrías espirais.

A abertura da cuncha é ovoide  e o opérculo, de natureza curva, pecha esa aberura durante a baixamar.

O caramuxo ten dous tentáculos longos e os ollos na base deles. O pé e moi forte.

noviembre 13, 2013 | Leave a comment  

COMMENTS

 

Trackback URI | Comments RSS

Deja un comentario