Saída a praia

jesus85

O día luns, 23 de setembro, fixemos unha escursión á praia da Langosteira para o proxecto Voz Natura. Fomos camiñando da escola ata a praia. Na praia puxémonos cada un co seu grupo e había catro traballos: recoller area, recoller cunchas, sacarlle fotos a fauna e a flora e recoller unha mostra de fauna e flora. Camiñamos pola praia recollendo cunchas e sacándolle fotos a flora e fauna. Ao chegar ao río había un pato. Todos gritaban ¡un pato! ¡un pato! E todo o mundo a sacarlle fotos ao pato como se fora famoso. Despois seguimos camiñando e ao chegar ao fondo da praia merendamos. Ao dar volta vimos a un buzo que se dedica a coller navallas en apnea, chamado Julio Rodriguez Outes. Falounos de cómo era a navalla. Despois de eso fomos camiño ao colexio. Pero, antes, un fotógrafo sacounos unha foto a todos xuntos. Ao chegar ao colexio, estábamos contentísimos. Agora quédanos o traballo por facer. Pero a excursión foi divertidísima.

FIN

Irene

octubre 9, 2013 | Leave a comment  

COMMENTS

 

Trackback URI | Comments RSS

Deja un comentario