UN PERCORRIDO POLAS ENERXÍAS RENOVABLES NA COMARCA

jfcarrillo

Os nenos de Educación Primaria do Colexio Ntra. Sra. del Carmen de Fisterra fomos de excursión pola comarca para visitar as centrais que producen electridade coas enerxías renovables, dentro do desenvolvemento do programa de Voz Natura para este curso.

Saimos da Lonxa de Fisterra as nove e trinta da mañá. Primeiro fomos a o Museo da Electricidade que hai no Ézaro, preto do encoro de Santa Uxía, tamén é unha central eléctrica onde se recolle a enerxía da forza da auga da cascada do río Xallas que nese lugar baixa hacia o mar.

Alí había uns panels informativos que indican como se recolle a enerxía que se contén na fórza da auga e os experimentos que poden facer os visitantes do museo.

Sacamos fotos e, no Museo, aprendimos sobre como se transforma a enerxía da auga en luz e as características fundamentáis dunha central hidroeléctrica…

Logo fomos ao Parque Eólico das Paxareiras. Onde explicáronnos a enerxía que producen os aeroxeradores e a súa altura que pode alcanzar os 40 metros, así como as partes dos viraventos. Algúns nenos fomulabanlle preguntas sobre o funcionamento e as características dos viraventos. Despois subimos no autobús e vimos os aeroxeradores, ao noso lado o guía co seu mando a distancia podía facer que os aeroxeradores paracen e volveran a funcionar.

Sobre as dous fomos a xantar ao polideportivo de Carnota. Despois de repoñer as forzas xogamos un partido de fútbol os de 5º contra os de 4º. Primeiro xogaron os rapaces e as nenas os animábamos e logo o contrario.

Por último fomos ao Museo Marítimo de Corcubión, onde unha guía explicounos como funcionan alguhan das máuinas que hai alí e podemos andar con algúns timóns que teñen alí.Tamén tiñan alí unhas maquetas impresionantes duns barcos. Un deles naufragara chocando contra a rocha do Centolo, en Fisterra.

Para rematar a excursión inciamos a viaxe de regreso a casa coa satisfacción de pasar unha xornada estupenda cos compañeiros e profes, á vez  que aprendemos moito coa experiencia da visita as centrais de produción eléctrica con enerxías renovables, tanto hidraulica como eolica que estudaramos nos libros e que vimos na realidade.

Carla Benlloch Martínez 5º EP e Antía Marcote Insua 6º EP.

marzo 7, 2013 | Leave a comment  

COMMENTS

 

Trackback URI | Comments RSS

Deja un comentario