Reforestación no Monte Facho o Monte do Cabo

angel

Desde hai xa algúns anos, en Fisterra os alumnos e profesores, do colexio A nosa Señora Da Carmen, imos a reforestar ao monte Facho, este ano fomos o día 28/2/2013.

Isto faise por difrentes motivos:

Para ensinar aos mozos a coidar o medioambiente, replantar….
Para restaurar as especies do bosque autóctono Atlántico, como, por exemplo o carballo, castiñeiro…
Tamén se fai, para facer unha devasa natural.

Nestes anos xa se han replantado máis de 150 árbores de especies autóctonas, as visitas foron moi enriquecedoras e moi divertidas, en concreto este ano, pasámonolo/pasámosnolo fenomenal, e foi unha experiencia moi enriquecedora, tanto no traballo de reforestación como no camiño de subida ao monte, o que nos permitiu gozar da beleza da paisaxe, o contacto coa natureza e a convivencia co nosos amigos.

A miña conclusión é que ademais de pasarcho moi ben e aprender moitas cousas, axudas ao medio ambiente preservándolo para as xeracións futuras.

Ángel Santos López.

marzo 6, 2013 | Leave a comment  

COMMENTS

 

Trackback URI | Comments RSS

Deja un comentario