PODERIASE ABASTECER O CAMPO DE FÚTBOL DA S. D. FISTERRA SÓ CON ENERXÍA RENOVABLE?

breixo1

A resposta é si, con un pouco de traballo podríase facer que todo o campo de fútbol usara só enerxía renovable e así aforraría moitos cartos e ademáis de non contaminar sería un dos únicos concellos de Galicia que utilizan a mellor enerxía de todas…a renovable. Esto pódese facer con 3 simples xestos que non son moi caros e a larga aforras moito:

1- Poñendo paneis solares no teito das gradas que está vacío e cabrían bastantes paneis e darían moita enerxía xa que o estar no máis alto lle daría moito a claridade do sol, xa que esto funciona ca claridade do sol.

2-Con un pequeno aeroxenerador, ao quedar Fisterra na costa pega moito o vento e o campo de fútbol está a uns escasos 300 metros dunha das praias máis perigosas de todo Galicia xa que haí o mar vai dar a mar aberto e xa desapareceu moita xente nesa praia. Por eso daria o vento e seria moi rentable. Este poriase na esquina do campo que está afastada e non molestaria para nada.

3-Un sistema de cañerias que gardaría o augaa da choiva en tanques subterráneos con un aspersor que lanzaría o auga para regarlo, pero este método é algo irreal porque é moi complexo.

Con estes xestos aforraríamos moitísimos cartos e seriamos os prioneiros de Galicia e España.

Breixo Martínez Lago.

marzo 13, 2013 | 5 Comments  

UN PERCORRIDO POLAS ENERXÍAS RENOVABLES NA COMARCA

jfcarrillo

Os nenos de Educación Primaria do Colexio Ntra. Sra. del Carmen de Fisterra fomos de excursión pola comarca para visitar as centrais que producen electridade coas enerxías renovables, dentro do desenvolvemento do programa de Voz Natura para este curso.

Saimos da Lonxa de Fisterra as nove e trinta da mañá. Primeiro fomos a o Museo da Electricidade que hai no Ézaro, preto do encoro de Santa Uxía, tamén é unha central eléctrica onde se recolle a enerxía da forza da auga da cascada do río Xallas que nese lugar baixa hacia o mar.

Alí había uns panels informativos que indican como se recolle a enerxía que se contén na fórza da auga e os experimentos que poden facer os visitantes do museo.

Sacamos fotos e, no Museo, aprendimos sobre como se transforma a enerxía da auga en luz e as características fundamentáis dunha central hidroeléctrica…

Logo fomos ao Parque Eólico das Paxareiras. Onde explicáronnos a enerxía que producen os aeroxeradores e a súa altura que pode alcanzar os 40 metros, así como as partes dos viraventos. Algúns nenos fomulabanlle preguntas sobre o funcionamento e as características dos viraventos. Despois subimos no autobús e vimos os aeroxeradores, ao noso lado o guía co seu mando a distancia podía facer que os aeroxeradores paracen e volveran a funcionar.

Sobre as dous fomos a xantar ao polideportivo de Carnota. Despois de repoñer as forzas xogamos un partido de fútbol os de 5º contra os de 4º. Primeiro xogaron os rapaces e as nenas os animábamos e logo o contrario.

Por último fomos ao Museo Marítimo de Corcubión, onde unha guía explicounos como funcionan alguhan das máuinas que hai alí e podemos andar con algúns timóns que teñen alí.Tamén tiñan alí unhas maquetas impresionantes duns barcos. Un deles naufragara chocando contra a rocha do Centolo, en Fisterra.

Para rematar a excursión inciamos a viaxe de regreso a casa coa satisfacción de pasar unha xornada estupenda cos compañeiros e profes, á vez  que aprendemos moito coa experiencia da visita as centrais de produción eléctrica con enerxías renovables, tanto hidraulica como eolica que estudaramos nos libros e que vimos na realidade.

Carla Benlloch Martínez 5º EP e Antía Marcote Insua 6º EP.

marzo 7, 2013 | Leave a comment  

A Enerxía Mareomotriz en Fisterra

santi

A enerxía mareomotriz é a que se obtén aproveitando as mareas, mediante a súa empalme a un alternador pódese utilizar o sistema para a xeración de electricidade, transformando así a enerxía mareomotriz en enerxía eléctrica, unha forma de enerxía que pode ser aproveita nos usos da vida moderna, pódese acumular e pódese transportar. É un tipo de enerxía renovable, en tanto que a fonte de enerxía primaria non se esgota pola súa explotación, e é limpa xa que na transformación enerxética non se producen subproductos contaminantes gaseosos, líquidos ou sólidos, é dicir, non deixa residuos.  Con todo, a relación entre a cantidade de enerxía que se pode obter cos medios actuais e o custo económico e ambiental de instalar os dispositivos para o seu proceso impediron unha penetración notable deste tipo de enerxía.

En Fisterra temos a experiencia das variacións do nivel do mar que en días de mareas vivas pode alcanzar case os catros metros, o cal pode ser perfectamente aproveitable transformando a enerxía cinética, da auga acumulada na pleamar, ao caer e mover un xerador para producir enegía eléctrica sen ningún tipo de contaminación nin danos ao medio, trataríase de utilizar unha enerxía potencial que a natureza nos brinda e que temos que saber utilizar positivamente.

As Mareas
Participante deste efecto son o sol, a lúa e a terra.Sendo a mais importante nesta acción a lúa, pola súa proximidade.

A lúa e a Terra exercen unha forza que atrae aos corpos cara a elas: esta forza de gravidade fai que a Lúa e a Terra atráianse mutuamente e permanezan unidas.  Como a forza de gravidade é maior canto máis preto atópense as masas, a forza de atracción que exerce a Lúa sobre a Terra é máis forte nas zonas máis próximas que nas que están máis lonxe.

Esta desigual atracción que produce a Lúa sobre a Terra é a que provoca as Mareas no mar.  Como a Terra é sólida, a atracción da Lúa afecta máis ás augas que aos continentes, e por iso son as augas as que sofren variacións notorias de acordo á proximidade da Lúa.

VENTAIXAS
  •     Limpa
  • Renovable.

INCONVENIENTES

  •         Necesita construír presas e diques .
  •         Posible impacto ambiental en ecosistemas .
  •         Só é aproveitable en lugares moi concretos .
  •         Corrosión dos sistemas .

Un bo exemplo da utilización deste tipo de enerxía témolo en Muros (A Coruña), co Muiño de Marea, no Pozo de Cachón que só utiliza a enerxía cinética para mover a pedra do muíño.

Santiago Castro Romero.

marzo 6, 2013 | Leave a comment  

Reforestación no Monte Facho o Monte do Cabo

angel

Desde hai xa algúns anos, en Fisterra os alumnos e profesores, do colexio A nosa Señora Da Carmen, imos a reforestar ao monte Facho, este ano fomos o día 28/2/2013.

Isto faise por difrentes motivos:

Para ensinar aos mozos a coidar o medioambiente, replantar….
Para restaurar as especies do bosque autóctono Atlántico, como, por exemplo o carballo, castiñeiro…
Tamén se fai, para facer unha devasa natural.

Nestes anos xa se han replantado máis de 150 árbores de especies autóctonas, as visitas foron moi enriquecedoras e moi divertidas, en concreto este ano, pasámonolo/pasámosnolo fenomenal, e foi unha experiencia moi enriquecedora, tanto no traballo de reforestación como no camiño de subida ao monte, o que nos permitiu gozar da beleza da paisaxe, o contacto coa natureza e a convivencia co nosos amigos.

A miña conclusión é que ademais de pasarcho moi ben e aprender moitas cousas, axudas ao medio ambiente preservándolo para as xeracións futuras.

Ángel Santos López.

marzo 6, 2013 | Leave a comment