PLANTACIÓN DE FROITOS DO OUTONO

enero 29th, 2013

Os nen@s de 3 anos, imos plantar noces, avelás e castañas.

 

Collemos o material preciso e facemos un buratiño na maceta para enterrar a semente.

Metemos a semente da noz.

Noutra maceta, metemos a semente das avelás.

E noutra, a semente das castañas.

 

                                          Despois, tapamos a semente con mais terra.

Non debemos esquecernos de regar as plantas unha vez postas, precisan beber igual ca nos!!!

Así de ben coidamos as nosas plantas da clase.

SEGUIMOS CO LABIRINTO

enero 22nd, 2013

O alumnado do colexio Emilia Pardo Bazán segue coa plantación de metrosideros para construir un labirinto no que os máis pequenos xa empezan a utilizar para os xogos no recreo.

Este proxecto é levado a cabo pola profesora Mª Teresa del Valle Chousa que coordinou as actividades de Voz Natura nos últimos anos .

A plantación prográmase tódolos cursos durante o primeiro trimestre con alumn@s de tódolos niveis educativos de primaria , isto permite que podan facer un seguimento das plantas durante toda a permanencia no centro.

embedded by Embedded Video

 

PLANTAMOS NO XARDÍN DO PATIO

enero 18th, 2013
1

Plantamos a planta de eucalipto que arrincaron outr@s nen@s.

2

 

3

 

4

 Plantamos no xardín do cole as plantas que outr@s nen@s arrincaron.

 

 

BENVIDOS

noviembre 19th, 2012

Benvidos todos/as a este novo blog onde iremos publicando algunhas das nosas actividades medioambientais.
Espero que vos gusten e “naturalmente” que participedes cos vosos comentarios.