Archive for the ‘Educación’ Category

PLANTANDO NO HORTO

martes, febrero 11th, 2014

Despois da preparación da terra e adxudicación de parcelas, agora toca empezar a plantar. Empezaremos por cultivos que resistan as inclemencias do tempo: bulbos de inverno, coles, nabizas, repolos, chalotas, allos, rabaniños, acelgas, chícharos, faballóns etc.

O alumnado está moi ilusionado e o profesorado implicado confía en que os novos horteláns disfruten dos resultados das súas colleitas.

Agora,toca traballar, observar e coidar moito os diferentes cultivos e si aparece algún problema xa miraremos de solucionalo pero sempre dun xeito ecolóxico.

ÁNIMO RAPACIÑOS!!!!

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

 

OURIZO CACHO NO HORTO

miércoles, febrero 5th, 2014

OURIZO CACHO

O ourizo cacho ou ourizo cacheiro (Erinaceus europaeus) é un mamífero insectívoro que abunda nas fragas galegas e nas pradarías que teñen arbustos,sebes e valados onde agocharse. Os adultos poden chegar a pesar máis dun quilo. A súa característica máis rechamante son as pugas ou puntas de que está revestido. Os músculos cutáneos permítenlle envolverse e formar unha bóla de pugas contra a que os seus inimigos naturais son impotentes. Ás veces é presa de cans, raposos, porcoteixos, lamotes ou curuxas.
índice
Non teñen pescozo e os seus ollos son pequeniños. As orellas son redondeadas e o fociño aguzado. A súa dentamia componse de 36 pezas. As súas catro patas son curtas, teñen 5 dedos e están providas de fortes unllas. Ten un rabiño pequeno. Os machos son máis grandes que as femias, e o abdome é dunha cor parda máis clara que as pugas. As femias poden ser tamén da cor da cinza.
Son animais lentos, aínda que poden apurar o paso. Camiña moito e sabe nadar. No caso de presentir perigo tenden a inhibirse e enrodelarse sobre si mesmos. Emite sopridos e asubíos. O seu olfacto está moi desenvolvido.

Hábitat
Vive en bosques con abundante vexetación, pero sobre todo gusta de terreos con matogueiras, silveiras e arbustos. É un animal frecuente nos montes e aldeas de Galicia e nos arredores das vilas. En Inglaterra e noutros países europeos vive nas zonas periféricas das poboacións e mesmo nos xardíns das casas e nos parques urbanos.
O seu maior inimigo hoxe é o ser humano. Os pesticidas foron noutrora causa da súa morte pero a mortalidade accidental nas estradas e autovías galegas é hoxe o seu maior problema. Moita menor incidencia no descenso de exemplares téñena os seus depredadores naturais.

Alimentación
Procura xeralmente o alimento de noite, cando se mostra moito máis activo. Caza e come sobre todo insectos, pero pode alimentarse de caracois, limachas e mesmo ras. Esta dieta compleméntaa ás veces con ovos de aves que aniñan no chan, con landras, castañas e outros froitos e bagas. A súa actividade é sobre todo nocturna, polo que pode ser visto á tardiña. As luces dos coches céganos ou asústanos e ao se encascaren son atropelados. Polo día está en niños inaccesibles, normalmente no medio de matogueiras densas ou silveiras nas que lle é doado introducirse. Ten sempre varios niños no seu territorio, mudando adoito de agocho.

Reprodución
Normalmente teñen dous períodos de celo, un cando comeza o bo tempo e outro entre agosto e setembro. A xestación dura uns dous meses. Poden chegar a ter cinco ou seis crías, que ao primeiro son de cor rosa e nacen cegas. Non abren os ollos ata a idade de dúas semanas. Aos tres días dispoñen de pinchos que se van endurecendo pouco a pouco. Maman uns vinte días e a partir do mes acompañan á nai nas súas saídas e exploracións. A partir das cinco ou seis semanas independízanse. A madurez sexual chégalles aproximadamente aos dez meses. O ano dos orizos cachos divídese nun período de actividade entre abril e novembro e un período de hibernación que pasan nos seus niños cando comeza a facer frío. Espertan coa primavera cando soben as temperaturas.

ourizo

Estas criaturas son os habitantes que viven no noso horto.

Elisa Martínez Vidal
4ºA

INAUGURACIÓN DO HORTO DE INFANTIL CURSO 2013-2014

martes, febrero 4th, 2014

No primeiro trimestre, conseguimos un propio horto para os máis pequenos/as do colexio CEIP Emilia Pardo Bazán da Coruña. Cheos de ledicia celebrámolo por todo o alto, cun acto de inauguración oficial, co Sr. Director e as mestras encargadas de arranxalo todo, para que estivera todo preparadiño.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

 

Cada aula ten a súa parcela, para poñela fermosa de plantas, e que medren!!!

OLYMPUS DIGITAL CAMERA OLYMPUS DIGITAL CAMERA OLYMPUS DIGITAL CAMERA OLYMPUS DIGITAL CAMERA OLYMPUS DIGITAL CAMERA

 

Agora toca poñerse a traballar, e plantar moito.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

FROITOS DA HORTA

viernes, diciembre 20th, 2013
Neste outono o noso horto escolar deu uns froitos merecentes de que toda a comunidade educativa disfrutara deles, polo que decidimos facer unha exposición na entrada do colexio. 
Foi visitada polos diferentes niveis con diferentes obxectivos e actividades segundo as idades.

Para rematar, fixéronse uns paquetiños con diferentes cultivos e repartíronse por titorías para sortear pois para todos non chegaban.

Agora toca traballar pola próxima colleita.

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

PLANTACIÓN DE FROITOS DO OUTONO

martes, enero 29th, 2013

Os nen@s de 3 anos, imos plantar noces, avelás e castañas.

 

Collemos o material preciso e facemos un buratiño na maceta para enterrar a semente.

Metemos a semente da noz.

Noutra maceta, metemos a semente das avelás.

E noutra, a semente das castañas.

 

                                          Despois, tapamos a semente con mais terra.

Non debemos esquecernos de regar as plantas unha vez postas, precisan beber igual ca nos!!!

Así de ben coidamos as nosas plantas da clase.

PLANTAMOS NO XARDÍN DO PATIO

viernes, enero 18th, 2013
1

Plantamos a planta de eucalipto que arrincaron outr@s nen@s.

2

 

3

 

4

 Plantamos no xardín do cole as plantas que outr@s nen@s arrincaron.