NaturalMENTE celebramos o DÍA DA PAZ

No CEIP Emilia Pardo Bazán celebramos o DÍA DA PAZ con actividades diversas .Destacamos o intercambio de pétalos con mesaxes negativos por unha planta natural na que se colocou unha etiqueta cunha mensaxe dalgún valor traballado nas aulas como : RESPETA , COIDA , VALORA , DISFRUTA , COOPERA COMPARTE , ETC.

Os representantes de cada aula , despois da entrega da planta foron plantalas a unha zona do patio que días antes prepararan os alumn @s do 3º Ciclo de Primaria .

Todo o alumnado do centro , poderá facer un seguimento das plantas ao mesmo tempo que as coidarán e disfrutarán nos momentos de lecer.

Deste xeito , pensamos que os alumnos se sensibilizaron cos valores da PAZ extrapolados ao coidado e respeto do medio ambiente e do seu contorno .

 

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

 

 

 

Leave a Reply