Charlas de reciclaxe

O pasado martes 19 de xaneiro visitou o noso centro Sabela, traballadora de Urbaser. Ofreceu unha interesante charla ao alumnado de 3º e 4º de Primaria sobre a reciclaxe e a importancia de facer unha correcta separación do lixo. Esta charla está englobada dentro do programa de actividades Voz Natura.

O alumnado aprendeu moitas cousas, por exemplo en qué contenedor deben tirar os diversos obxectos de refugallo que podemos atopar nunha casa. Así, no amarelo deben ir os envases lixeiros, latas, briks, tapas, tapóns, sacas… no verde todo tipo de garrafas de vidro, tarros, frascos de conservas… e no azul o papel, cartón, caixas, xornais, revistas…

Tamén explicou o proceso de reciclaxe: Consumimos-Separamos-Transformamos-Seleccionamos-Reciclamos e Reutilizamos.

Podedes ver algunhas das imaxes da xornada:

Por certo, sabíades que con 670 latas podemos facer media bicicleta?

E que… con 4 caixas de cerais podemos facer un libro?

Grazas por esta interesante actividade Sabela!Urbaser-3º-y-4º-E Urbaser-3º-y-4º-E-2 Urbaser-3º-y-4º-E-3 Urbaser-3º-y-4º-E-7 Urbaser-3º-y-4º-E-8 Urbaser-3º-y-4º-E-11 Urbaser-3º-y-4º-E-18 Urbaser-3º-y-4º-E-19 Urbaser-3º-y-4º-E-21 Urbaser-3º-y-4º-E-23

 

Publicado en Sin categoría | Deixa un comentario

Obradoiro Voz Natura

O pasado mes de febreiro o grupo Voz Natura de Secundaria encargouse do coidado do noso bancal de interior. Nesta actividade contamos coa colaboración do alumnado de 5º de Primaria, que foron os que se encargaron das tarefas de plantación. Este ano optamos por plantas de xardín.

Podedes ver algunhas imaxes da actividade:

Horot 4 Horto 1 Horto 2 Horto 3 Horto 5 Horto 6 Horto 7 Horto 9 Horto 10 Horto 11 Horto 12 Horto 13 Horto 14 Horto 15

Publicado en Sin categoría | Deixa un comentario

Celebramos a chegada do día da Natureza

Hoxe, martes 02 de marzo, no Obradoiro mensual de Voz Natura celebramos o día da Natureza (03 de marzo) cunha actividade de plantación na que contamos coa colaboración do alumnado e mestre do Obradoiro de audiovisuais. Entre todos e todas plantamos unha cerdeira, un membrillo, un caqui e uns arándanos e frambuesas.

Deixámosovos algunhas imaxes da actividade!1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19

Publicado en Sin categoría | Deixa un comentario

Semana da Ciencia

Durante a semana do 18 ao 22 de xaneiro estivemos realizando no colexio toda unha serie de actividades encadradas dentro da Semana da Ciencia.  O tema central que quixemos traballar co noso alumnado foi “Unha viaxe pola nosa terra” e, para iso, organizáronse varios obradoiros en función das diferentes idades.

Contamos coa inestimable axuda do Ir. Pablo Castrillo, que se ofreceu voluntariamente para preparar moitos dos contidos e charlas realizados.

Entre as actividades realizadas contamos con:

Ed. Infantil: Observación guiada de minerais, plantas e animais.

1º e 2º de EPO: Análise das árbores do noso centro e canto das aves.

3º e 4º de EPO: Características das árbores do barrio e audicións do canto das aves.

5º e 6º e o alumnado de ESO análise a través de vídeos da flora e fauna das Fragas do Eume.

Deixámosvos algunhas fotos das actividades desenvoltas!

B1 B15 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B32 B16 B17 B18 B19 B20 B21 B22 B23 B24 B25 B26 B27 B28 B29 B30 B31

Publicado en Sin categoría | Deixa un comentario

Voluntariado en Cometa

O grupo de alumnos e alumnas de 3º e 4º de Secundaria, inscritos no programa de Pasaporte Solidario, acompañados de profesorado do centro realizaron unha actividade voluntaria coa asociación Cometa, protectora de animais.

A labor desenvolta por este grupo de voluntarios estivo centrada na limpeza dos espazos destinados aos cans, así como o acompañamento nun paseo polo entorno.

Deixamos algunhas das imaxes da tarde:

1 2 3 4 5 6

Publicado en Sin categoría | Deixa un comentario

Espiral aromática

Unha nova tarde lúdica de Secundaria deu como resultado a creación dunha espiral aromática nunha das zonas Voz Natura no exterior do noso centro.

Co grupo de alumnos e alumnas que forman parte da equipa de Voz Natura de Secundaria, estivemos reacondicionando esta zona verde (limpando de malas herbas, abonando, engadindo nova terra…) e posteriormente levamos a cabo as labores de trasplante de herbas aromáticas (romeiro, ourego, tomiño…) e o sementado de perixel.

Algunhas imaxes da actividade:1 2 3 4 5

Publicado en Sin categoría | Deixa un comentario

O Bancal móbil

No mes de decembro deseñamos, construímos e acondicionamos o noso bancal móbil. Foi realizado a partir de paléts. Para facilitar o seu desprazamento polo centro e o exterior do mesmo engadimos rodas ao seu deseño e finalmente o acondicionamos con terra e abono… e xá quedou listo para plantar!

Algunhas imaxes da actividade:bancalm 1 bancalm 2 bancalm 3 bancalm4 bancalm 5 bancalm6 bancalm 7 bancalm 8 bancalm 9 bancalm 10 bancalm 11 bancalm 12 bancalm 13 bancalm 14 bancalm 14 bancalm 15

Publicado en Sin categoría | Deixa un comentario

Os froitos do outono

O alumnado de 3 anos realizou un obradoiro do outono, no que desfrutaron coñecendo en profundidade, a través dos sentidos, os froitos do outono.

Aquí deixamos algunhas imaxes da actividade realizada o pasado outono:

Outono 30Outono 18Outono 17Outono 16Ouotno 15Outono 14Outono 13Outono 12Outono 11Outono 10Outono 9Outono 8Outono 7Outono 6Outono 5Outono 1Outono 3Outono 4

Outono 29Outono 28Outono 27Outono 26Outono 25Outono 24Outono 23Outono 22Outono 21Outono 20

Publicado en Sin categoría | Deixa un comentario

Sementeiros en bricks reutilizados

O alumnado de Educación Infantil, a finais de novembro, realizou unha plantación de sementes para coñecer o proceso da plantación e para observar o crecemento das plantas. Ademais, empregáronse bricks, reutilizándoos como envase para realizar os sementeiros.

Deixamos algunhas imaxes da actividade:

Sementeiros 1 Sementeiro 2 Sementeiro 3 Sementeiro 4 Sementeiro 5 Sementeiro 6 Sementeiro 7 Sementeiro 9 Sementeiro 10 Sementeiro 11 Sementeiro 12 Sementeiro 13 Sementeiro 13 Sementeiro 14 Sementeiro 15 Sementeiro 16 Sementeiro 17 Sementeiro 18 Sementeiro 19 Sementeiro 20 Sementeiro 21 Sementeiro 22 Sementeiro 23 Sementeiro 25 Sementeiro 26 Sementeiro 27 Sementeiro 29 Sementeiro 30 Sementeriro 24

Publicado en Sin categoría | Deixa un comentario

Dialogando coa Natureza

Este curso 2014/2015 en La Salle Ferrol estamos a desenrolar unha serie de actividades dirixidas a fomentar o coñecemento e respecto do medio ambiente. Dado que este curso centramos o proxecto na creación de hortos e plantacións, nas súas diversas variantes, comezamos coa difusión dalgunhas das actividades desenroladas sobre este tema.

Creación dun horto colgante:

O alumnado de 1º e 2º de Secundaria colaborou na creación dun horto colgante a partir de materiais de refugallo, reutilizando envases de plástico e construíndo un fermoso horto colgante que agora podemos desfrutar nunha das paredes que dan acceso ao noso centro.

Algunhas imaxes da actividade:

Horto colgante 1 Horto colgante 2 Horto colgante 3 Horto colgante 4 Horto colgante 5 Horto colgante 6 Horto colgante 7 Horto colgante 8 Horto colgante 9 Horto colgante 10 Horto colgante 11 Horto colgante 12 Horto colgante 13 Horto colgante 14 Horto colgante 15 Horto colgante 17 Horto colgante 18 Horto colgante 19 Horto colgante 20 Horto colgante 21 Horto colgante 22 Horto colgante 23 Horto colgante 24 Horto colgante 25 Horto colgante 26 Horto colgante 27 Horto colgante 28 Horto colgante 29 Horto colgante 30 Horto colgante 31 Horto colgante 32 Horto colgante 33

Publicado en Sin categoría | Deixa un comentario