Escrito por Susi 9 de noviembre de 2009 a las 23:38h
Como en cursos pasados aínda non tiñamos blog, non poidemos ensinarvos proxectos anteriores.
No curso 2007-2008, un dos obxectivos do noso proxecto “Voz Natura” foi facer unha horta escolar, pero facía falta un invernadoiro para preparar as sementes antes da primavera. Pois ben, diso encargáronse os alumnos de tecnoloxía de 4º de ESO. Coa inestimable axuda do Sr. Antonio, foron quen de construilo nun recuncho do patio. Traballaron arreo, e aquí tedes o resultado.
Noutra hora ensinarémosvos a preciosa horta que temos.
Desde o cole mandámoslles moitos recordos a Leire, Óscar, Abner, David, Olalla e Andrea.
Escrito por Susi 9 de noviembre de 2009 a las 21:39h
Ola amigos.
Botade unha ollada a este artiluxio que é capaz de acabar cun monte, neste caso de eucaliptos, en poucos minutos. Supoño que son cousas da tecnoloxía, pero non discurren tanto para protexer as árbores. Se despois desta “colleita” reforestan a área, aínda menos mal, pero temémonos que isto so servirá para acentuar o Cambio Climático . Nos namentras, a plantar…
Escrito por Susi 31 de octubre de 2009 a las 0:32h
Xa hai seis anos que alumnos e profes do Colexio “La Inmaculada” comezamos a plantar arboliños no monte comunal da Picaraña. Donde antes non había máis que toxos e silvas, agora asoman xa castiñeiros, carballos, capudres, amieiros, noceiras,… Este ano ata foron pais e avós a axudarnos, ademais dos axentes e operarios do Distrito XVII do Condado-Paradanta.
Xa veredes que sombriña dan dentro de pouco
Primeiro preparamos todo no cole: os arboliños, os paus e as etiquetas, o abono, a ferramenta, as casiñas de paxaros,..
Amosamos aquí un breve pero divertido video das nosas actuacións nos últimos anos.
Escrito por Susi 29 de octubre de 2009 a las 16:28h
Sementamos castañas e plantamos castiñeiros. Tamén preparamos en tecnoloxía as casiñas para os paxaros. Logo colocámolas nos carballos das "Chans" da Picaraña.
Ola amigos.
Este é un breve repaso fotográfico por algunhas das actividades que fixemos no cole o curso pasado.
Para preparar o Día da Árbore comezamos no Magosto. Os máis pequenos meten as sementes nun cartón de leite e as deixan ata que abrochan. Logo pasámolas ao viveiro. Mentras tanto oa maiores constrúen casas para os paxariños no taller de tecnoloxía. O día grande todo o cole sube ata a Picaraña, un monte cercano no que colaboramos plantando frondosas desde hai varios anos. Antes diso os rapaces de infantil sacan os castiñeiros da terra e os preparan en capachos con auga. Algúns nenos dín: profe, parecen paus!!. E que claro, no mes de febreiro aínda non teñen follas. Cargamos a ferramenta e veña!, todos a plantar.
Ao rematar colocamos as casiñas dos paxaros e disfrutamos do entorno. Algúns nenos da ESO collen mostras de follas para estudialas en clase.
Fixádevos en como están medrando as nosas árbores!.
Que contentos estamos de colaborar nesta actividade.
Moitas son as actividades que facemos sobre as árbores: os pequenos sacamos os castiñeiros do viveiro e preparamos os capachos para levar ao monte. Mentras uns plantan os castiñeiros, outros recollemos follas para estudalas na aula. Mirade que bonita está a Picaraña agora!!
Escrito por Susi 28 de octubre de 2009 a las 19:11h
Segundo o Correo Galego, no ano 2008 acadouse un récord histórico en Galicia: cortáronse nada menos que oito millóns de metros cúbicos de madeira, unha cifra nunca antes acadada, e que supón incrementar nun 30% a producción media rexistrada na comunidade nos últimos doce anos. Se isto non vai acompañado de labores de reforestación xa sabemos o que pasa: empobrecemento do chan, erosión, destrución de hábitats, ….Ademais da función económica e ecolóxica do monte xa citadas, non esquenzamos a súa labor social.
Como decía Castelao sabiamente: “Vale máis unha terra con árbores nos montes, que un Estado con ouro nos bancos”.
E que facemos nós?. Pois preparar a nosa plantación anual particular na Picaraña, invitar aos axentes forestais a que nos falen sobre os lumes e como evitalos, estudar os animais e as plantas da Picaraña, construir un mini-invernadoiro para protexer as plantiñas,… ae moitas cousas máis que iremos contando.
Escrito por Susi 27 de octubre de 2009 a las 18:41h
Ola!.
Somos a comunidade escolar do colexio de “La Inmaculada” en Ponteareas.
Desde sempre, un dos eixos principais do noso centro é a defensa e o respecto polo medio ambiente. Con “Voz Natura” os nosos proxecto cobraron un pouquiño máis de formalidade e agora queremos amosalos neste blog. Neste curso estamos empeñados en aprender máis sobre a importancia da biodiversidade, a defensa dos ecosistemas e como non, achegarnos ao Sr. Darwin, que tanto aportou ao noso coñecemento actual sobre estes temas.
Dámosvos a benvida a todos e todas os que amades á natureza. Entre todos faremos máis