Entradas para la categoría ‘Denunciamos’

Mirar ás estrelas xa non é de románticos

Miércoles, noviembre 17th, 2010

 

Os combustibles fósiles  agotaranse en apenas un século e non nos convén deixar que sigan liberando gases de efecto invernadoiro  á atmósfera durante máis anos. A humanidade  vese na obriga de buscar e facer rendibles outras formas de enerxía.  A máis nova e prometedora é a enerxía de fusión, a enerxía das estrelas, a mesma que produce o Sol e que alimenta a vida que coñecemos.

O vindeiro domingo en Redes, o físico Steven Cowley, do Culham Centre for Fussion Energy do Reino Unido, poranos ao día dos avances na carreira por conseguir reproducir na Terra a enerxía das estrelas, que chegará a ser virtualmente inesgotable, segura, sen emisións de carbono á atmósfera nen residuos radiactivos de longa duración. Esperamos que este duro reto sexa pronto unha realidade. embedded by Embedded Video

vimeo Direkt

 

 

A costa do silencio

Miércoles, diciembre 2nd, 2009

Hai agora 7 anos que o petroleiro monocasco Prestige foi noticia. O 13 de novembro de 2002 mentras pasaba fronte á Costa da Morte, sufriu un accidente e prodúxose un verquido de enormes dimensións e consecuencias medioambientais. As 77 mil tonelads de crú liberaron unha enorme cantidade de contaminantes desde Portugal ata Francia. A marea negra matou a millóns de seres vivos e destruiu os seus ecosistemas.

null

A riqueza medioambiental das costas e fondos mariños galegos quedou gravemente ferida . Ainda que moitos trataron de minimizar o suceso o certo é que o traballo de milleiros de voluntarios chegados de todo o mundo parecía non ter fin. Limparon chapapote durante semanas de xeito anónimo porque sabían o importante que era restablecer canto antes as condicións naturais destas costas. Miles de animais mariños, peixes, mamíferos, aves, invertebrados,… morreron pegados a unha goma negra que pouco a pouco invadía os seus fogares. 

Agora 7 anos despois , seguen escapándose 50 litros de petróleo diarios. Buques monocasco seguen a circular  polo noso mar e poñen en perigo a súa biodiversidade e os seus ecosistemas naturais. Que podemos facer nós? 

Neste ano dedicado á biodiversidade denunciamos este grave suceso. Non queremos que volva a pasar. Dámoslle as grazas aos voluntarios que axudaron a recuperar as nosas costas e pedímoslle ás autoridades que ollen mellor polo noso patrimonio natural. 

embedded by Embedded Video

El mar escupía un lamento
tan tenue que nadie lo oyó.
Era un dolor de tan adentro
que toda la costa murió.

Llora lamentos la nube que enfermó
y escribe espantos en la arena el dolor.
Arrulla el miedo a un delfín que bebió
de un agua negra, su suerte emigró.

Ven, quiero oír tu voz,
y, si aún nos queda amor,
impidamos que esto muera.
Ven, pues en tu interior
está la solución,
de salvar lo bello que queda.

Donde se acomoda la usura
nacen la ambición y el poder,
y este germina en la tierra,
que agoniza por interés.

Y una gaviota cuentan que decidió
en acto suicida inmolarse en el sol.
Ríe desprecios un barco que encalló,
y se desangra en su lecho: LA MAR!

Hagamos una revolución,
que nuestro líder sea el sol,
y nuestro ejército
sean mariposas.

Por bandera otro amanecer
y por conquista comprender
que hay que cambiar
las espadas por rosas.

Mientras te quede aliento
ve a buscar con el viento
ayuda, pues no queda tiempo.

ENQUISA

Domingo, noviembre 22nd, 2009

Ola.

Gustaríanos saber que pensas do noso blog e sobre o medio ambiente. Párate un chisquiño e contesta a seguinte enquisa

Mentras o fas podes escoitar a música que nos gusta

n

n
Que che parece o blog natura da Inmaculada?
View Results

 

n
Que pensas da educación medioambiental desde os colexios?
View Results

n

Cal cres que é o principal responsable do desequilibrio medioambiental?
View Results

n

Sobre cal dos seguintes temas tes máis coñecemento e poderías explicar?
View Results

n

Que aportación está máis nas túas mans para mellorar o medio ambiente?
View Results
n
Que problema medioambiental é o máis acuciante no teu concello?
View Results

n

Que cres que posúe máis beneficioso para o medio ambiente o teu concello?
View Results

n

n

n
Cal é a actividade máis salientable do teu centro escolar ou no dos teus fillos para mellorar o coidado do medio ambiente?
View Results

n

n

n
Que actividade realizades máis na túa casa para mellorar o medio ambiente?
View Results

n

n

n
Que opinión tes sobre o cambio climático?
View Results

n

n

n
Sinala a opción que te pareza máis acertada
View Results
Grazas por atendernos.  Cando teñamos os resultados serán publicados. 

Unha máquina que mete medo!!

Lunes, noviembre 9th, 2009

Ola amigos.

Botade unha ollada a este artiluxio que é capaz de acabar cun monte, neste caso de eucaliptos, en poucos minutos. Supoño que son cousas da tecnoloxía, pero non discurren tanto para protexer as árbores. Se despois desta “colleita” reforestan a área, aínda menos mal, pero temémonos que isto so servirá para acentuar o   Cambio Climático . Nos namentras, a plantar…

embedded by Embedded Video

Vale máis unha terra con árbores nos montes…

Miércoles, octubre 28th, 2009

Segundo o Correo Galego, no ano 2008 acadouse un récord histórico en Galicia: cortáronse nada menos que oito millóns de metros cúbicos de madeira, unha cifra nunca antes acadada, e que supón incrementar nun 30% a producción media rexistrada na comunidade nos últimos doce anos. Se isto non vai acompañado de labores de reforestación xa sabemos o que pasa: empobrecemento do chan, erosión, destrución de hábitats, ….Ademais da función económica e ecolóxica do monte xa citadas, non esquenzamos a súa labor social.

Como decía Castelao sabiamente: “Vale máis unha terra con árbores nos montes, que un Estado con ouro nos bancos”.

E que facemos nós?. Pois preparar a nosa plantación anual particular na Picaraña, invitar aos axentes forestais a que nos falen sobre os lumes e como evitalos, estudar os animais e as plantas da Picaraña, construir un mini-invernadoiro para protexer as plantiñas,… ae moitas cousas máis que iremos contando.

 

 

 

 

ojd