Archivo para noviembre, 2010

Mirar ás estrelas xa non é de románticos

Miércoles, noviembre 17th, 2010

 

Os combustibles fósiles  agotaranse en apenas un século e non nos convén deixar que sigan liberando gases de efecto invernadoiro  á atmósfera durante máis anos. A humanidade  vese na obriga de buscar e facer rendibles outras formas de enerxía.  A máis nova e prometedora é a enerxía de fusión, a enerxía das estrelas, a mesma que produce o Sol e que alimenta a vida que coñecemos.

O vindeiro domingo en Redes, o físico Steven Cowley, do Culham Centre for Fussion Energy do Reino Unido, poranos ao día dos avances na carreira por conseguir reproducir na Terra a enerxía das estrelas, que chegará a ser virtualmente inesgotable, segura, sen emisións de carbono á atmósfera nen residuos radiactivos de longa duración. Esperamos que este duro reto sexa pronto unha realidade. embedded by Embedded Video

vimeo Direkt

 

 

Ola amig@s

Martes, noviembre 16th, 2010

Ola rapaces. Incorpórome por primeira vez a este superblog do Colexio La Inmaculada, no que poderedes disfrutar de todas as nosas actividades e acompañarnos en todo lo que vaiamos facendo. Ímolo pasar moi ben. Animádevos…

Mollámonos con Voz Natura

Martes, noviembre 16th, 2010

Ola de novo.

Neste curso que comeza o cole de “La Inmaculada” de Ponteareas está disposto a mollarse de veras na defensa da auga. Que digo mollarse, a empaparse!. O tema non é para menos.  Moitas guerras e conflictos de fronteiras son producidos polo control da auga, moitos pobos viven en pésimas condicións por non dispoñer de auga potable, moitas desgracias climatolóxicas teñen a auga como protagonista, e mentras nós, aquí tan tranquilos nas nosas vidas.

Queremos que a nosa comunidade escolar coñeza de cerca este líquido elemento para así poder protexelo e coidalo. Os máis pequerrechos terán que acostumarse a pechar a billa e os maiores teremos que establecer novas costumes de uso e colaborar en campañas de limpeza de ríos, ou estudiar os problemas doutras persoas.

Moitas actividaes que iremos presentando nos vindeiros días.

ojd