Archivo para mayo, 2010

Exposición sobre biodiversidade

Domingo, mayo 2nd, 2010

E chegou a hora da verdade. Con todos os traballos feitos ao longo do curso, ocurríusenos facer unha exposición. Así os alumnos e profesores doutros cursos terían a oportunidade de gozar dos traballos de todos.
O máis salientable é que participaron todos os alumnos e profesores do centro e que a protección pola biodiversidade e o desexo de coñecer un pouco máis a figura de Darwin, foron os fíos conductores dos traballos.
Os máis pequenos contribuíron ao mantemento de árbores autóctonas coma o carballo e o castiñeiro plantando sementes en tetrabrick. Fixeron debuxos e quebracabezas sobre animais salvaxes e domésticos. Coñeceron as razas autóctonas galegas: vaca cachena, galiña de Mos, can de palleiro,… No Entroido foron vestidos de xoaniñas, abellas e arañas.
Os alumnos de primaria traballaron a importancia dos liques e a asociación simbiótica que representan, tamén como indicadores da polución. A elaboración do libro viaxeiro de 3º implicou ás familias, de xeito que cada unha tiña que confeccionar unha reportaxe dunha páxina con texto e fotografías das súas saídas e paseos, relacionados coa biodiversidade. As illas Atlánticas como Cíes, Sálvora e Cortegada foron estudadas polos alumnos de 5º. Na ESO fíxose un mural co biotopo das Cíes sobre o que os máis pequenos tiveron que colocar as fotografías das especies que viven alí. Fixéronse contos e debuxos  falando do tema. No Entroido foron vestidos de froitas, moluscos bivalvos, medusas, flores, etc.
En ESO destaca a elaboración de carteis moi logrados, as maquetas sobre animais, confeción de quebracabezas das razas galegas para que xoguesen os pequenos,  os fósiles feitos con area e cartón, etc. No Entroido tamén se disfrazaron de homes primitivos liderados por un gran mamut, Darwin, felinos e nativos da selva amazónica.
  
A exposición comeza presentando a Charles Darwin, situando en eixos cronolóxicos a vida do científico. Faise un repaso da súa viaxe no Beagle e das experiencias que máis lle sorprenderon ao descubrir tanta variedade de especies descoñecidas en Inglaterra.
Unha mostra de animais e algas conservadas en formol, emula as mostras que Darwin recolleu na súa viaxe. Tamén se fai fincapé nos seres vivos microscópicos como parte da cadea trófica e evolutiva. Un par de microscópicos permiten visualizar mostras destes seres vivos. Coa publicación do libro “A orixe das especies” en 1859, Darwin  adiántase a Wallace, un rapaz australiano que estaba chegando ás mesmas conclusións evolutivas que el.
Os asistentesá exposición teñen a oportunidade de observar ao microscopio, mostras de bacterias e protozoos, tan importantes na escala evolutiva. Tamén hai mostras de algas, moluscos, réptiles, etc en formol, emulando as mostras que trouxo Darwin na súa viaxe.
Un dos argumentos que avalan a teoría da evolución é o rexistro fósil, por iso unha parte da exposición está dedicada a eles. Temos maquetas feitas polos nenos e tamén fósiles verdadeiros como un Trilobites , Lumaquelas, … Un enorme dinosaurio de cartón preside esta zona así como carteis onde se sitúan os principais fósiles chegados ata nós nas diferentes épocas xeolóxicas.
O medio mariño ábrese ante nós cunha magnífica colección de cunchas, equinodermos, esponxas e ata unha Gorgonia, coral en perigo nas costas galegas, maquetas de peixes, tartarugas, pingüíns, medusas,.. Tamén hai carteis das subdivisións taxonómicas do reino animal.
Un ordenador permítenos visualizar o desfile de Entroido, os actos do magosto e a vida de Darwin. Tamén hai mostras de vídeos e libros sobre a vida no planeta.
Sen dúbida a especie humana interésanos a todos. Os alumnos de 4º de ESO amosan nun cartel a evolución desta especie. Faise un repaso pola evolución da raza humana, con carteis, videos e consulta en revistas e libros.
Con motivo do Entroido, en 4º de ESO fíxose un mamut de máis de 2 m de alto. Para acompañalo na exposición, os rapaces aportaron peluches de animais que se organizan segundo o cartel que os acompaña. Tamén se fala das redes tróficas e das relacións entre eles.
Noutro lugar da exposición, podemos xogar a descubrir as especies autóctonas galegas, vaca cachena, can de palleiro, galiña de Mos, etc.
Sobre o biotopo feito de madeira das illas Cíes os rapaces poden colocar as fotografías plastificadas do cormorán da herba namoradeira, das estrelas de mar, etc.
Para finalizar un gran castiñeiro de madeira e mostras xa crecidas das plantacións dos nenos, recórdannos a beleza desta árbore xa galega desde os tempos dos romanos. Tamén hai niños de paxaros que fabrican os nenos en tecnoloxía, etc. Tanto árbores como niños, son plantados e colocados no monte Picaraña en colaboración coa comunidade de montes de Ponteareas. Un herbario das especies vexetais máis importantes do monte Picaraña, pecha a exposición.

embedded by Embedded Video

Entroido da biodiversidade

Domingo, mayo 2nd, 2010

O desfile de Entroido deste ano, estivo adicado á biodiversidade e a Charles Darwin.

Nenos e nenas, profesores e profesoras e ata algunha nai, nos vestimos de animais, plantas, indíxenas… Non podía ser doutra maneira, xa que este é o ano da biodiversidade. O gran Charles Darwin acompañounos todo o rato, e puxo o toque de cordura entre tanto bailarín. 

No desfile polas rúas de Ponteareas, chamou a atención a vistosidade e colorido dos disfraces: froitas, xoaniñas, abellas, galiñas, gatos, medusas, estrelas de mar, peixes, e un gran mamut de máis de 2 m de alto, deleitaron aos espectadores.

Pasámolo moi ben. A ver se a vós tamén vos gusta!.

embedded by Embedded Video

ojd