Mascotas

Escrito por Susi
4 de enero de 2010 a las 16:40h

Despois de falarnos a profe Irene da gran variedade de especies existentes no planeta e da importancia de preservalas, os rapaces e rapazas de 1º de ESO elaboramos un traballo sobre as nosas mascotas. Antes de nada falámoslles delas ao resto dos compañeiros, contamos anécdotas, o que comen, se lles gusta pasear ou durmir,… . Con toda a información fixermos varios murais con texto e fotografías, así parece que as nosas mascotas tamén están na aula.

Os nosos pais leváronnos os animais ao cole a última hora da mañán: periquitos, cans, tartarugas, gatos, … compartiron connosco o patio do colexio por un ratiño.  Por certo, outro día falaremos da gran variedade de árbores e plantas do xardín.

E recordade, todos os seres que habitan o planeta son importantes. Cada un ten un papel a desempeñar e non debemos entorpecer esa  gran misión.

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

Etiquetas: ,

4 respuestas a “Mascotas”

  1. Javier y Sergio dice:

    Que bonitos os vosos animais

  2. Javier y Sergio dice:

    Parécenos moi bonito todo o de Voz Natura

  3. María dice:

    Vaia!. Que guai que quedásemos primeiros na exposición da biodiversidade, a min púxome moi contenta. Agora estou moi entusiasmada.

  4. andrea dice:

    Vaia que pinta que tiñan as profes en carnaval ade quinto ca súa peluca que parecía unha nena con laciños ea de sesto … bueno non sigamos falando non baiamos meter a pata cando estemos en sexto.

Deja tu comentario

ojd