Archivo para enero, 2010

Mascotas

Lunes, enero 4th, 2010

Despois de falarnos a profe Irene da gran variedade de especies existentes no planeta e da importancia de preservalas, os rapaces e rapazas de 1º de ESO elaboramos un traballo sobre as nosas mascotas. Antes de nada falámoslles delas ao resto dos compañeiros, contamos anécdotas, o que comen, se lles gusta pasear ou durmir,… . Con toda a información fixermos varios murais con texto e fotografías, así parece que as nosas mascotas tamén están na aula.

Os nosos pais leváronnos os animais ao cole a última hora da mañán: periquitos, cans, tartarugas, gatos, … compartiron connosco o patio do colexio por un ratiño.  Por certo, outro día falaremos da gran variedade de árbores e plantas do xardín.

E recordade, todos os seres que habitan o planeta son importantes. Cada un ten un papel a desempeñar e non debemos entorpecer esa  gran misión.

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

ojd