O noso magosto
Viernes, diciembre 4th, 2009
Os nosos castiñeiros
Â
Unha das festas máis bonitas de Galicia é o magosto e no colexio de “La Inmaculada” gústanos que as tradicións non se perdan. Como cada outono xuntámonos mestres, alumnos, pais e nais, para comer xuntos este froito tan nutritivo e contarnos historias sobre a castaña.
Preparadas como “marrón glacé”,  en flan ,en pure, asadas, en xelado ou crúas, as castañas son ricas en minerais (potasio, ferro, fósforo e magnesio) e en vitaminas (B1 e B6) necesarias para o sistema nervioso e o cerebro.
Queremos que isto perdure no tempo, e por iso preocupámonos por plantar e coidar os nosos propios castiñeiros. Asà cando sexamos velliños, os nenos poderán seguir celebrando esta festa.
No video explicamos paso a paso o proceso. Hai imaxes de 6 ou 7 anos atrás , de cando empezamos as plantacións. Tamén amosamos o ben o pasamos xuntos neste dÃa con xogos populares para abrir o apetito e coa visita de papis e mamis.
Quedades invitados para o vindeiro ano!.
Â
embedded by Embedded Video
YouTube Direkt