Archivo para octubre, 2009

A nosa plantación na Picaraña

Sábado, octubre 31st, 2009

Xa hai seis anos que alumnos e profes do Colexio “La Inmaculada” comezamos a plantar arboliños no monte comunal da Picaraña. Donde antes non había máis que toxos e silvas, agora asoman xa castiñeiros, carballos, capudres, amieiros, noceiras,… Este ano ata foron pais e avós a axudarnos, ademais dos axentes e operarios do Distrito XVII do Condado-Paradanta.

Xa veredes que sombriña dan dentro de pouco

Primeiro preparamos todo no cole: os arboliños, os paus e as etiquetas, o abono, a ferramenta, as casiñas de paxaros,..

Amosamos aquí un breve pero divertido video das nosas actuacións nos últimos anos.

 embedded by Embedded Video

Saímos en prensa

Jueves, octubre 29th, 2009

Artigo na Voz de Galicia. 2009

Artigo na Voz de Galicia .2008

Artigo en A Peneira

Todos colaboramos!!

Jueves, octubre 29th, 2009

Sementamos castañas e plantamos castiñeiros. Tamén preparamos en tecnoloxía as casiñas para os paxaros. Logo colocámolas nos carballos das "Chans" da Picaraña.

 

Ola amigos.

Este é un breve repaso fotográfico por algunhas das actividades que fixemos no cole o curso pasado.

Para preparar o Día da Árbore comezamos no Magosto. Os máis pequenos meten as sementes nun cartón de leite e as deixan ata que abrochan. Logo pasámolas ao viveiro. Mentras tanto oa maiores constrúen casas para os paxariños no taller de tecnoloxía. O día grande todo o cole sube ata a Picaraña, un monte cercano no que colaboramos plantando frondosas desde hai varios anos. Antes diso os rapaces de infantil sacan os castiñeiros da terra e os preparan en capachos con auga. Algúns nenos dín: profe, parecen paus!!. E que claro, no mes de febreiro aínda non teñen follas. Cargamos a ferramenta e veña!, todos a plantar. 

Ao rematar colocamos as casiñas dos paxaros e disfrutamos do entorno. Algúns nenos da ESO collen mostras de follas para estudialas en clase. 

Fixádevos en como están medrando as nosas árbores!.

Que contentos estamos de colaborar nesta actividade.

Moitas son as actividades que facemos sobre as árbores: os pequenos sacamos os castiñeiros do viveiro e preparamos os capachos para levar ao monte. Mentras uns plantan os castiñeiros, outros recollemos follas para estudalas na aula. Mirade que bonita está a Picaraña agora!!

Vale máis unha terra con árbores nos montes…

Miércoles, octubre 28th, 2009

Segundo o Correo Galego, no ano 2008 acadouse un récord histórico en Galicia: cortáronse nada menos que oito millóns de metros cúbicos de madeira, unha cifra nunca antes acadada, e que supón incrementar nun 30% a producción media rexistrada na comunidade nos últimos doce anos. Se isto non vai acompañado de labores de reforestación xa sabemos o que pasa: empobrecemento do chan, erosión, destrución de hábitats, ….Ademais da función económica e ecolóxica do monte xa citadas, non esquenzamos a súa labor social.

Como decía Castelao sabiamente: “Vale máis unha terra con árbores nos montes, que un Estado con ouro nos bancos”.

E que facemos nós?. Pois preparar a nosa plantación anual particular na Picaraña, invitar aos axentes forestais a que nos falen sobre os lumes e como evitalos, estudar os animais e as plantas da Picaraña, construir un mini-invernadoiro para protexer as plantiñas,… ae moitas cousas máis que iremos contando.

 

 

 

 

“La Inmaculada” de Ponteareas e a biodiversidade

Martes, octubre 27th, 2009

Ola!.

Somos a comunidade escolar do colexio de “La Inmaculada” en Ponteareas.

Desde sempre, un dos eixos principais do noso centro é a defensa e o respecto polo medio ambiente. Con  “Voz Natura” os nosos proxecto cobraron un pouquiño máis de formalidade e agora queremos amosalos neste blog. Neste curso estamos empeñados en aprender máis sobre a importancia da biodiversidade, a defensa dos ecosistemas e como non, achegarnos ao Sr. Darwin, que tanto aportou ao noso coñecemento actual sobre estes temas.

Dámosvos a benvida a todos e todas os que amades á natureza. Entre todos faremos máis

ojd