Escrito por Susi 17 de noviembre de 2010 a las 18:16h
Os combustibles fósiles agotaranse en apenas un século e non nos convén deixar que sigan liberando gases de efecto invernadoiro á atmósfera durante máis anos. A humanidade vese na obriga de buscar e facer rendibles outras formas de enerxía. A máis nova e prometedora é a enerxía de fusión, a enerxía das estrelas, a mesma que produce o Sol e que alimenta a vida que coñecemos.
O vindeiro domingo en Redes, o físico Steven Cowley, do Culham Centre for Fussion Energy do Reino Unido, poranos ao día dos avances na carreira por conseguir reproducir na Terra a enerxía das estrelas, que chegará a ser virtualmente inesgotable, segura, sen emisións de carbono á atmósfera nen residuos radiactivos de longa duración. Esperamos que este duro reto sexa pronto unha realidade.embedded by Embedded Video
Escrito por Luisa 16 de noviembre de 2010 a las 18:27h
Ola rapaces. Incorpórome por primeira vez a este superblog do Colexio La Inmaculada, no que poderedes disfrutar de todas as nosas actividades e acompañarnos en todo lo que vaiamos facendo. Ímolo pasar moi ben. Animádevos…
Escrito por Susi 16 de noviembre de 2010 a las 18:21h
Ola de novo.
Neste curso que comeza o cole de “La Inmaculada” de Ponteareas está disposto a mollarse de veras na defensa daauga. Que digo mollarse, a empaparse!. O tema non é para menos. Moitas guerras e conflictos de fronteiras son producidos polo control da auga, moitos pobos viven en pésimas condicións por non dispoñer de auga potable, moitas desgracias climatolóxicas teñen a auga como protagonista, e mentras nós, aquí tan tranquilos nas nosas vidas.
Queremos que a nosa comunidade escolar coñeza de cerca este líquido elemento para así poder protexelo e coidalo. Os máis pequerrechos terán que acostumarse a pechar a billa e os maiores teremos que establecer novas costumes de uso e colaborar en campañas de limpeza de ríos, ou estudiar os problemas doutras persoas.
Moitas actividaes que iremos presentando nos vindeiros días.
E chegou a hora da verdade. Con todos os traballos feitos ao longo do curso, ocurríusenos facer unha exposición. Así os alumnos e profesores doutros cursos terían a oportunidade de gozar dos traballos de todos.
O máis salientable é que participaron todos os alumnos e profesores do centro e que a protección pola biodiversidade e o desexo de coñecer un pouco máis a figura de Darwin, foron os fíos conductores dos traballos.
Os máis pequenos contribuíron ao mantemento de árbores autóctonas coma o carballo e o castiñeiro plantando sementes en tetrabrick. Fixeron debuxos e quebracabezas sobre animais salvaxes e domésticos. Coñeceron as razas autóctonas galegas: vaca cachena, galiña de Mos, can de palleiro,… No Entroido foron vestidos de xoaniñas, abellas e arañas.
Os alumnos de primaria traballaron a importancia dos liques e a asociación simbiótica que representan, tamén como indicadores da polución. A elaboración do libro viaxeiro de 3º implicou ás familias, de xeito que cada unha tiña que confeccionar unha reportaxe dunha páxina con texto e fotografías das súas saídas e paseos, relacionados coa biodiversidade. As illas Atlánticas como Cíes, Sálvora e Cortegada foron estudadas polos alumnos de 5º. Na ESO fíxose un mural co biotopo das Cíes sobre o que os máis pequenos tiveron que colocar as fotografías das especies que viven alí. Fixéronse contos e debuxos falando do tema. No Entroido foron vestidos de froitas, moluscos bivalvos, medusas, flores, etc.
En ESO destaca a elaboración de carteis moi logrados, as maquetas sobre animais, confeción de quebracabezas das razas galegas para que xoguesen os pequenos, os fósiles feitos con area e cartón, etc. No Entroido tamén se disfrazaron de homes primitivos liderados por un gran mamut, Darwin, felinos e nativos da selva amazónica.
A exposición comeza presentando a Charles Darwin, situando en eixos cronolóxicos a vida do científico. Faise un repaso da súa viaxe no Beagle e das experiencias que máis lle sorprenderon ao descubrir tanta variedade de especies descoñecidas en Inglaterra.
Unha mostra de animais e algas conservadas en formol, emula as mostras que Darwin recolleu na súa viaxe. Tamén se fai fincapé nos seres vivos microscópicos como parte da cadea trófica e evolutiva. Un par de microscópicos permiten visualizar mostras destes seres vivos. Coa publicación do libro “A orixe das especies” en 1859, Darwin adiántase a Wallace, un rapaz australiano que estaba chegando ás mesmas conclusións evolutivas que el.
Os asistentesá exposición teñen a oportunidade de observar ao microscopio, mostras de bacterias e protozoos, tan importantes na escala evolutiva. Tamén hai mostras de algas, moluscos, réptiles, etc en formol, emulando as mostras que trouxo Darwin na súa viaxe.
Un dos argumentos que avalan a teoría da evolución é o rexistro fósil, por iso unha parte da exposición está dedicada a eles. Temos maquetas feitas polos nenos e tamén fósiles verdadeiros como un Trilobites , Lumaquelas, … Un enorme dinosaurio de cartón preside esta zona así como carteis onde se sitúan os principais fósiles chegados ata nós nas diferentes épocas xeolóxicas.
O medio mariño ábrese ante nós cunha magnífica colección de cunchas, equinodermos, esponxas e ata unha Gorgonia, coral en perigo nas costas galegas, maquetas de peixes, tartarugas, pingüíns, medusas,.. Tamén hai carteis das subdivisións taxonómicas do reino animal.
Un ordenador permítenos visualizar o desfile de Entroido, os actos do magosto e a vida de Darwin. Tamén hai mostras de vídeos e libros sobre a vida no planeta.
Sen dúbida a especie humana interésanos a todos. Os alumnos de 4º de ESO amosan nun cartel a evolución desta especie. Faise un repaso pola evolución da raza humana, con carteis, videos e consulta en revistas e libros.
Con motivo do Entroido, en 4º de ESO fíxose un mamut de máis de 2 m de alto. Para acompañalo na exposición, os rapaces aportaron peluches de animais que se organizan segundo o cartel que os acompaña. Tamén se fala das redes tróficas e das relacións entre eles.
Noutro lugar da exposición, podemos xogar a descubrir as especies autóctonas galegas, vaca cachena, can de palleiro, galiña de Mos, etc.
Sobre o biotopo feito de madeira das illas Cíes os rapaces poden colocar as fotografías plastificadas do cormorán da herba namoradeira, das estrelas de mar, etc.
Para finalizar un gran castiñeiro de madeira e mostras xa crecidas das plantacións dos nenos, recórdannos a beleza desta árbore xa galega desde os tempos dos romanos. Tamén hai niños de paxaros que fabrican os nenos en tecnoloxía, etc. Tanto árbores como niños, son plantados e colocados no monte Picaraña en colaboración coa comunidade de montes de Ponteareas. Un herbario das especies vexetais máis importantes do monte Picaraña, pecha a exposición.
O desfile de Entroido deste ano, estivo adicado á biodiversidade e a Charles Darwin.
Nenos e nenas, profesores e profesoras e ata algunha nai, nos vestimos de animais, plantas, indíxenas… Non podía ser doutra maneira, xa que este é o ano da biodiversidade. O gran Charles Darwin acompañounos todo o rato, e puxo o toque de cordura entre tanto bailarín.
No desfile polas rúas de Ponteareas, chamou a atención a vistosidade e colorido dos disfraces: froitas, xoaniñas, abellas, galiñas, gatos, medusas, estrelas de mar, peixes, e un gran mamut de máis de 2 m de alto, deleitaron aos espectadores.
Pasámolo moi ben. A ver se a vós tamén vos gusta!.
Despois de falarnos a profe Irene da gran variedade de especies existentes no planeta e da importancia de preservalas, os rapaces e rapazas de 1º de ESO elaboramos un traballo sobre as nosas mascotas. Antes de nada falámoslles delas ao resto dos compañeiros, contamos anécdotas, o que comen, se lles gusta pasear ou durmir,… . Con toda a información fixermos varios murais con texto e fotografías, así parece que as nosas mascotas tamén están na aula.
Os nosos pais leváronnos os animais ao cole a última hora da mañán: periquitos, cans, tartarugas, gatos, … compartiron connosco o patio do colexio por un ratiño. Por certo, outro día falaremos da gran variedade de árbores e plantas do xardín.
E recordade, todos os seres que habitan o planeta son importantes. Cada un ten un papel a desempeñar e non debemos entorpecer esa gran misión.
Escrito por Susi 4 de diciembre de 2009 a las 0:12h
Os nosos castiñeiros
Unha das festas máis bonitas de Galicia é o magosto e no colexio de “La Inmaculada” gústanos que as tradicións non se perdan. Como cada outono xuntámonos mestres, alumnos, pais e nais, para comer xuntos este froito tan nutritivo e contarnos historias sobre a castaña.
Preparadas como “marrón glacé”, en flan ,en pure, asadas, en xelado ou crúas, as castañas son ricas en minerais (potasio, ferro, fósforo e magnesio) e en vitaminas (B1 e B6) necesarias para o sistema nervioso e o cerebro.
Queremos que isto perdure no tempo, e por iso preocupámonos por plantar e coidar os nosos propios castiñeiros. Así cando sexamos velliños, os nenos poderán seguir celebrando esta festa.
No video explicamos paso a paso o proceso. Hai imaxes de 6 ou 7 anos atrás , de cando empezamos as plantacións. Tamén amosamos o ben o pasamos xuntos neste día con xogos populares para abrir o apetito e coa visita de papis e mamis.
Escrito por Susi 2 de diciembre de 2009 a las 21:30h
Hai agora 7 anos que o petroleiro monocasco Prestige foi noticia. O 13 de novembro de 2002 mentras pasaba fronte á Costa da Morte, sufriu un accidente e prodúxose un verquido de enormes dimensións e consecuencias medioambientais. As 77 mil tonelads de crú liberaron unha enorme cantidade de contaminantes desde Portugal ata Francia. A marea negra matou a millóns de seres vivos e destruiu os seus ecosistemas.
null
A riqueza medioambiental das costas e fondos mariños galegos quedou gravemente ferida . Ainda que moitos trataron de minimizar o suceso o certo é que o traballo de milleiros de voluntarios chegados de todo o mundo parecía non ter fin. Limparon chapapote durante semanas de xeito anónimo porque sabían o importante que era restablecer canto antes as condicións naturais destas costas. Miles de animais mariños, peixes, mamíferos, aves, invertebrados,… morreron pegados a unha goma negra que pouco a pouco invadía os seus fogares.
Agora 7 anos despois , seguen escapándose 50 litros de petróleo diarios. Buques monocasco seguen a circular polo noso mar e poñen en perigo a súa biodiversidade e os seus ecosistemas naturais. Que podemos facer nós?
Neste ano dedicado á biodiversidade denunciamos este grave suceso. Non queremos que volva a pasar. Dámoslle as grazas aos voluntarios que axudaron a recuperar as nosas costas e pedímoslle ás autoridades que ollen mellor polo noso patrimonio natural.