Ciencia en Acción 2017

XVIII Edición Ciencia en Acción 2017

Ermua (Vizcaya) – Éibar (Guipúzcoa) 6, 7 e 8 de outubro de 2017

Venres, 6 de outubro de 2017

Xa estamos na XVIII edición do programa “Ciencia en acción”. O primeiro día tocou montar o traballo e arranxar os estragos da víaxe. Instalados no hotel e na feira de ciencias, no Ibarra Centre de Ermua esperamos a chegada do público en xeral e dos xurados. O obxectivo está cumplido: defender o traballo realizado, disfrutar da experiencia e aprender do resto de compañeros chegados de toda España, Portugal, Latinoamérica e EE.UU.

Os alumnos do Colexio San José – Josefinas de Ourense levaron o programa Voz Natura ata Éibar e Ermua.

Uniformados e preparados, espéranos unha tarde intensa:

Comeza o traballo duro. O público quere coñecer a morena de traballos presentados e o xurado valorar o esforzó realizado e defensa…

No acto inugural os alcaldes de Ermua e Éibar deron a benvida a todos os participantes e agradeceron encher as dúas vilas de ciencia esta fin de semana:

CC-c-01

A directora do programa “Cienca en acción” Dona Rosa María Ros Ferré destacou que todos os presentes son gañadores porque foron os que 150 xurados cualificados seleccionaron entre todos os traballos presentados para formar parte desta edición. Ademais convidounos a gozar explicando os traballos e a coñecer os do resto de participantes.

CC-d-01

Sábado, 7 de outubro de 2017

Estamos outro día máis en “Ciencia en acción”. Defender o traballo ante todos os veciños de Éibar e Ermua que hoxe nos visitan e o resto de partipantes e ver os proxectos doutros compañeiros é a misión de hoxe. Conferencias, espectáculos e demostracións científicas, etc… máis de 150 actividades son están previstas para este sábado.

Pola tarde, entre exposición e exposición, estamos a coñecer aos compañeiros e aprendemos Física, Química, Bioloxia, Matemáticas… e como defenden os seus traballos o resto de participantes, que de eso tamen é importante.

E sempre hai que estar pendentes do stand porque en calquera momento alguén pode vir a interesarse polo noso proxecto…

Este día concluíu coa foto e vídeo de familia “Ciencia en acción ” 2017:

cienciaen-accion2017

Domingo, 8 de outubro de 2017

Conferencia de clausura “Matemáticas: pasión e profesión” a cargo do profesor Dr. Enrique Zuazua e acto de clausura no Teatro Coliseo (Éibar)…

Mención de honra na modalidade de “Ciencia, ingeniería y valores” na XVIII edición do programa “Ciencia en acción”. Parabéns e bo traballo campións!!!

Unha vez máis o xurado recoñece o bo traballo que están a realizar nosos novos científicos do colegio San José – Josefinas de Ourense. Ánimo o resto de compañeiros  do colegio e que pronto sigan os pasos desta avanzadilla tan fructífera.

MH-OURENSE

Último día en Éibar, unha vila construída entre montañas, onde o cuarto andar dun edificio dunha rúa está á altura do primeiro da veirarúa de enfrente. Á noite regresamos a nosa terra.

CC-l-01

Ágora a comer e despois, tarde para gozar desta Vila: xornadas micolóxicas na rúa e sobre todo bo tempo para pasear…

 

Está fermosa Vila, tamén chamada a quinta provincia talega, a pesar do pequena que é, ten sempre moito que ver e a súa xente é moi hospitalaria. Sentímonos como na casa !!!

A próxima cita é a Galiciencia o 22, 23 e 24 de noviembre de 2017 no Parque Tecnolóxico de Galicia. Nais, país, compañeiros de clase, profes, amigos… todos estades convidados a coñecer os traballos do colexio San José – Josefinas e moitos máis que viran de toda Galicia e resto de España.  Xogamos na casa e esperámovos a todos/as !!!

logo-galiciencia