Expociencia GO!sefinas

Expociencia GO!sefinas

(colabora o programa Voz Naura da Fundación Santiago Rey Fernández -Latorre)

O xoves 21 de febreiro de 2019 o Colexio San José – Josefinas Ourense celebra unha xornada de portas abertas onde alumnos de ESO exporán os traballos premiados nos últimos anos en certames científicos nacionais e internacionais de Barcelona, A Coruña, Madrid, Brasil e New York.

Unha nova remesa de novos investigadores darán a coñecer por primeira vez os traballos realizados durante este curso e que a próxima semana defenderán do 28 de febreiro ao 2 de marzo de 2019 na XX Exporecerca Jove de Barcelona.

Ven a coñecer a Expociencia Go!sefina o xoves 21 de febreiro de 12:00 h a 13:30 h !!!

Os metais de sacrificio, as oleorresinas, o formaldehido nos fogares, a maiéutica e o Whatshapp aplicada ao ensino das ciencias, o aire da nosa cidade, a reoloxía do mel, as oleorresinas, as propiedades da auga e do cobre, a aerodinámica dos avións de papel, o efecto Coanda, a alelopatía das coníferas, as bacterias do diñeiro, a polarimetría e os efectos Halo e Horn son os temas de chamaron a atención dos nosos investigadores e nos que basearon os seus proxectos de investigación.

Leave a Reply

See also: