Científicas de Josefinas de Ourense en Brasil

Alicia e Paula, alumnas de 3º de ESO do colexio San José de Ourense,  levan toda a semana na MOSTRA DE CIÊNCIAS E TECNOLOGIA DA ESCOLA AÇAI-MCTEA, no estado de Pará (Brasil). Unha experiencia científica máis e con esta xa van catro no que levamos de ano. Despois de pasar por Barcelona, Madrid e o Parque Tecnolóxico de Galicia, agora expoñen o seu traballo de investigación, sobre da efectividade dos metais de sacrificio para previr a corrosión do mobiliario urbano e alongar a súa vida útil, a máis de 8000 km do noso colexio.

Leave a Reply

See also: