Estamos en Galiciencia

Mércores, 22 de novembro de 2017.

 

Primeira xornada día da Galiciencia. Hoxe foi día para a montaxe dos stands e primeiras exposicións. Os xurados, os compañeiros doutros centros e todas as visitas -espéranse máis de 2000 nos tres días do certame- empezaron a interesarse polos traballos.

Os protagonistas deste evento, a maior feira de ciencias de Galicia, son eles, os pequenos científicos. Este ano os alumnos do colexio San José-Josefinas de Ourense participan por primeira vez pero veñen de defender os seus traballos en Barcelona (abril de 2017) en Madrid (xuño de 2017) e Éibar-Ermua (outubro de 2017). Alguén coma eles non podían pasar por Galiciencia sen facerse unha foto no fotocol, como as grandes estrelas:

 

Os proxectos:

“Deseño e estudo comparativo da eficiencia de distintos métodos físicos de potabilización de auga”, de Diego Sánchez, Pablo Valado e Brais Menor.
Estudáronse tres métodos de potabilización de auga, dous tradicionais -filtro e luz UV- e un novo – ultrasonidos-. Buscáronse novos deseños portables, sinxelos e eficaces de potabilización de augas e levou a cabo a valoración da súa eficiencia por separado. Os tres sistemas ensaiados resultaron ser eficaces na potabilización da auga. Pero o método de filtrado achega maior caudal e resulta ser moito máis cómodo de transportar e, ademais, non require dunha fonte de enerxía eléctrica. Este método sería o máis eficaz á hora de potabilizar auga dun manantial non tratado, para aplicalo en casos de catástrofe natural ou en países do terceiro mundo onde os microorganismos da auga cóbranse numerosas vidas humanas.
“Estudo da eficacia da utilización de metais de sacrificio para previr a corrosión do mobiliario urbano de metal”, de Paula Pérez, Alicia Gómez, Daniel León e Rubén Borrajo.
Tras ver na prensa o estado de deterioro dos antigos farois da Ponte Romana de Ourense, preguntáronse se sería posible achegar algunha solución ao problema da oxidación. Neste traballo demóstrase a eficiencia do magnesio en po como metal de sacrificio, xa que permite protexer estruturas metálicas da corrosión por oxidación -xa sexa por combinación do osíxeno do aire ou disolto en auga, ou ben polo ataque dos ácidos- e así prolongar a súa vida útil. As pinturas, tanto ecolóxicas como convencionais, melloran esta protección cando incorporamos magnesio á súa composición nunha concentración de 0,0003 g/cm2. Isto supón que, na elaboración de 0,5 l de pintura, coa que se podería cubrir unha superficie de 6 m2, precisaríanse uns 20 g de magnesio como mínimo, cun gasto de apenas uns céntimos de euro.

Xoves, 23 de novembro de 2017.

Outro día máis de Galiciencia.

Recibimos a felicitación do equipo de Voz Natura da Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre polo excelentre taballo realizado a quen lle dedicamos os traballos:

O venres as 12:40 entrevista en directo, con Eva Millán no programa “Voces de Galicia” de Radio Voz, a Alicia -que o sábado viaxa a Brasil a defender o seu traballo xunto coa súa compañeira Paula- e ao titor do proxecto .

Leave a Reply

See also: