Limpeza do Río Barbaña – Actividades deportivas.

Os días 7, 17 e 26 de cada mes (días de feira no concello de Ourense) ten lugar o  mercado que se forma nos arredores da Praza de Abastos e xunto á Alameda. Máis de 250 postos esténdense polas beiras do río Barbaña ofrecendo mercancías de todo tipo: téxtil, artesanía, cerámica, alimentación…

Hoxe, 8 de novembro de 2017, día posterior á primeira feira deste mes na da cidade de Ourense, aproveitamos para percorrer as beiras e o canle do río Barbaña para coñecer de primeira man o impacto que esta actividade ten sobre o noso río.

As 8:30 xa estábamos no Parque Barbaña.

Organizámonos en grupos e comezamos a batida do paseo do parque…

…e a canle do río, eso si, os que baixaron ao río antes deberon pórse unha botas de auga.

“Polo río abaixo vai
unha troita de pé,
corre que te corre,
quen a puidera coller,
quen a puidera coller,
quen a puidera pillar.
Polo río abaixo vai
unha troita de pé…”

Desde hoxe xa sabemos a que velocidade van as troitas polo Barbaña:

Non quedou recuncho sen rastrear…

Nas zonas verdes atopamos perchas, envoltorios, CDs, vasos de cafés, ferros, plásticos de todo tipo… Tamén aproveitamos para facer un herbario das plantas da canle do río Barbaña.

A media mañá xuntamos os trofeos e, de novo, foto de grupo.

A área de Educación Física tamén se uniu á actividade. Probaron distintas actividades que se poden facer neste entorno e o uso de aparatos de exercicio que podemos atopar nos parques.

 

 

Leave a Reply