Primeiras plantacións no invernadoiro

Escrito por Charo
23 de Novembro de 2011 a las 1:11h

zss

Xa temos plantado no invernadoiro os primeiros repolos. Agora que medren ben para facer o caldo….

Atlas xeobotánico de Galicia

Escrito por Sonia Liberdade
21 de Novembro de 2011 a las 17:17h

Accede ao enlace para ver o Miniatlas Xeobotánico de Galicia

DESTROZO DO NOSO INVERNADOIRO

Escrito por Charo
9 de Novembro de 2011 a las 14:24h

A semana pasada sufrimos un destrozo no noso invernadoiro. Causounos tristeza e malestar, pero gracias ao noso equipo de voluntarios estamos tentando reparalo. Nos non nos rendimos e seguimos plantando as nosas árbores e preparando o invernadoiro para plantar.

Xa somos 100!

Escrito por Sonia Liberdade
9 de Novembro de 2011 a las 11:12h

Xa temos 100 voluntarios traballando na horta. 84 alumnos e 16 profesores que están traballando voluntariamente nos recreos. Temos o 50% do alumnado e 60% do profesorado traballando no noso proxecto de Voz Natura. E seguiremos sumando……

O noso magosto

Escrito por Sonia Liberdade
8 de Novembro de 2011 a las 22:46h

O próximo martes 15 de Novembro faremos o magosto no Instituto!!!

Será pola tarde de 16:30 a 18:10.

Haberá bocata de chourizo e castañas asadas para todos!!!

Tamén xogaremos a diferentes xogos populares.

Dámoslle un respiro

Escrito por Sonia Liberdade
4 de Novembro de 2011 a las 18:34h

Hoxe despedímonos do papel branco!! Adeus papeliños brancos!!

Dámoslles un respiro ás árboles porque, dende o día de hoxe, no IES Illa de Arousa deixamos de empregar papel blanco!!

Non provocaremos a tala de máis árbores

Só empregaremos papel reciclado.

CONCURSO DE CABAZAS

Escrito por Sonia Liberdade
28 de Outubro de 2011 a las 11:39h

Hoxe no recreo fixemos o concurso de cabazas, utilizando a nosa produción da horta. Estivemos esta semana nos recreos elaborandoas e algún as remataron nas súas casas. Aquí poñemos unha foto das gañadoras

OBRADOIRO DE CABAZAS DO SAMAÍN

Escrito por Charo
24 de Outubro de 2011 a las 17:47h

Hoxe no recreo comezamos a elaborar as monstruosas cabazas do Samaín, aproveitando os nosos productos da horta e así participar coa biblioteca no concurso de cabazas que terá lugar este venres no recreo. Animate a pasar pola horta e facre unha estamos todos os recreos alí para elaboralas e a ver que ideas se nos ocorren

Vinde!

Visita do comité científico

Escrito por Sonia Liberdade
21 de Outubro de 2011 a las 11:34h

Hoxe visitounos o comité científico de Voz Natura, coma sempre dándonos ánimos para continuar coa nosa labor de educación ambiental.

Seguimos de limpeza e plantando sementes de árbores: Hoxe plantamos 26 landras de carballo.

O luns, martes e mércores  no recreo, faremos un obradoiro de cabazas, aproveitando as que crecereon na nosa horta.

O concurso será o venres na Biblioteca.

Outra nova importante é que xa somos 90 voluntarios na horta. Imos batir tódolos records!!!

Saímos no xornal

Escrito por Sonia Liberdade
19 de Outubro de 2011 a las 16:09h

“Limpeza dun areal no espazo do Carreirón” La voz de Galicia

Falan de nos.

No xornal “La voz de Galicia” o día 16 de outubro de 2011

ojd