Entradas para la categoría ‘Uncategorized’

foto do noso composteiro

Martes, Abril 20th, 2010

As nosas árbores

Martes, Abril 20th, 2010

Castiñeiros, nogueiras, carballos

As nosas plantas de horta

Martes, Abril 20th, 2010

Leitugas, tomates, allosporro, cebolas, cabaza, pementos de Padrón e morrón, patacas, xudías, fresas, repolos, chícharos, acelgas, berenxenas, nabizas, nabicol.

Leitugas solidarias

Martes, Abril 13th, 2010

Este mes de marzo e de abril se venderán os productos da nosa horta e os ingresos serán para Save the Children que ten proxectos cos nenos de Haití.

Vendéronse leitugas e acelgas.

A día de 13 de abril se conseguiron 30 euros.
A día 14 de abril temos 31 euros
Mañá mércores 21 imos vender leitugas e acelgas solidarias!!!!
A 4 de maio temos 64 euros!!!

Calendario abril

Martes, Abril 13th, 2010

Martes 6: dentro do invernadoiro regamos e sacamos as herbas das leitugas, sementamos as xudías fora.

Mércores 7: arrincamos herbas dentro do invernadoiro, fixemos trasplante de castiñeiros, regamos.

Xoves 8: sacamos os castaños fora do invernadoiro, quitamos herbas dentro do invernadoiro, levamos materia orgánica para o composteiro e o remexemos.

Venres 9: sementamos alloporro e repolo e plantamos sementes de cabaza na parcela 3. Regamos.

Luns 12: quitamos herbas no invernadoiro, regamos e cortamos acelgas para vender. Botamos terra na parcela 3.

Martes 13:quitamos pedras de dentro do invernadoiro, cavamos as cebolas e os allosporro, regamos todo menos os chícharos.

Mércores 14: Atamos e capamos os tomates. Carretamos terra para preparar a parcela 3.

Xoves 15: Se recolleron papeles e basura que había na horta. Sacamos herbas no invernadoiro.

Venres 16: Carretamos terra para preparar a parcela 3. Plantamos as berenxenas dentro do invernadoiro e regamos. Se recolleu herba para botar no composteiro.

Luns 19: Carretamos terra para a parcela 3. Quitamos herbas do invernadoiro e de fora.

Martes 20: Rematamos de preparar a parcela 3. Botámoslle terra os allosporro. Regamos as leitugas de fora. Se preparou o terreo para a plantación de cenouras.

Mércores 21: vendeuse no recreo leitugas e acelgas solidarias do invernadoiro. Os cartos recaudados son para Haití.

Xoves 22: Regamos

Venres 23: Se botou terra na parcela 3

Luns 26: se carretou terra para preparar a parcela 4. Regouse no invernadoiro.

Martes 27: Visita a SOGAMA e as Fragas do Eume cos alumnos de 4º ESO. Sementouse a cenoira na Parcela 1.

Mércores 28: Claustro no recreo

Xoves 29: Carretoruse terra para a parcela 3. Regouse.

Venres 30: se sacaron malas herbas do invernadoiro, plantouse na parcela 3: cabaciña (4), tomate de rama (6), pemento italiano (6). Sacáronse pedras na parcela. Sacáronse pedras da parcela 4.

Calendario marzo

Martes, Abril 13th, 2010

Martes 2: Preparamos a tera dentro do invernadoiro. Transplantamos carballos pequenos. Botamos materia orgánica no composteiro.

Mércores 3: Regamos o plantado dentro dom invernadoiro e os sementeiros.

Venres 5 de marzo: Remexemos a materia orgánica do composteiro. Preparamos o terreo dentro do invernadoiro para plantar máis.

Luns 8 de marzo: Rematamos de preparar o terreo dentro do invernadoiro e botamos abono. Sacamos herbas e movemos a terra dos chícharos. Cortamos o plásico das fresas.

Martes 9: Regouse o terreo para plantar. Aboáronse as filas onde se vai plantar. Acabamos de sacar a herba dos chícharos. Enchemos unha bandexa de terra para plantar as sementes xerminadas en vermiculita.

Mércores 10: Plantamos leitugas dentro e fora do invernadoiro.

Xoves 11 de marzo: Plantáronse cebolas na parcela 2.

Luns 15: Plantación de árbores co Concello no Bao na Illa de Arousa.

Calendario febreiro

Martes, Abril 13th, 2010

1de febreiro: plantamos 6 plantas de tomate no invernadoiro introducindo ortigas nos ocos.

2 de febreiro:sementamos landras e noces. Preparamos o terreo e puxemos chícharos.

3 de febreiro:Preparamos o terreo para poñer fresas e medimos o plástico a poñer. Quitamos malas herbas na parcela das verduras.

4 de febreiro: Preparación do sementeiro par poñer remolacha e leituga. REvisión da aula ecolóxica e se regaron as plantas do interior do instituto.

5 de febreiro:Acabouse de preparar a parcela das fresas poñendo máis terra. Acabáronse de preparar os sementeiros con leituga e remolacha.

8 de febreiro: Reunión

9 de febreiro: preparación do terreo para plantación de fresas e plantación de repolos.

10 de febreiro: plantación de repolos e acelgas no invernadoiro. Colocouse o plástico para a futura plantaciónd e fresas.

11 de febreiro: plantación de fresas (50 plántulas) e de patacas.

12 de febreiro: Festa de Carnavais no instituto

15-17 de febreiro: Carnavais

18 de febreiro: plantación de patacas (6 plántulas) e transplante de navicol.

23 de febreiro: Revisión de aula ecolóxica

Calendario xaneiro

Martes, Febreiro 9th, 2010

Semana do 11 ao 15: Sementamos landras en envases de tetrabric. Sementamos noces que xerminaron en vermiculita.

Semana do 18 ao 22: sequimos sementando landras e noces. Preparamos o terreo no invernadoiro para plantar.

Luns 25: Preparación de 2 sementeiros.

Martes 26: sementamos landras e noces.

Mércores 27: sementamos pementos de 2 variedades: morrón e piquillo. Empezamos apreparar a parcela 2 para plantar fresas.

Xoves 28: Plantamos landras e noces en envases de tetrabric.

Venres 29: Plantamos leituga rizada (2 ducias) dentro do invernadoiro. Preparamos o terreo para as fresas.

Compostaxe caseira

Mércores, Novembro 25th, 2009
Compostaxe caseira PDF Imprimir Correo-e

A finalidade deste programa é divulgar a compostaxe caseira como método de tratamento dos residuos orgánicos no propio fogar (na horta, xardín ou no garaxe), subministrando os coñecementos prácticos e o asesoramento individualizado preciso para mellorar esta práctica, consolidándoa como unha alternativa ecolóxica e de futuro. Clica na ligazón para baixar o manual explicativo da Compostaxe Caseira.

Compostaxe CaseiraUn dos problemas máis importantes que as persoas teñen que enfrontar, tanto dende o punto de vista ambiental como económico, é a xestión dos resíduos sólidos urbanos (RSU). É dicir, o lixo.

A estrutura territorial da maioría dos Concellos galegos e a súa dispersión poboacional en núcleos de poucas vivendas, obriga a unha cuantiosa inversión económica se se quere dar unha resposta axeitada ao problema. O número de camións de recollida e os km que teñen que percorrer encarece dun xeito importante todo o proceso. Asemade, os custos de xestión por tonelada de lixo segue unha liña ascendente dende hai varios anos. Por isto, calquera medida que supoña unha reducción do volúme de lixo ten inmediatos beneficios medioambientais e económicos.

Algo máis da metade do lixo xerado na nosa sociedade é materia orgánica fermentábel, é dicir, residuos procedentes da limpeza de hortalizas e outros alimentos da cociña, restos de comidas, papel alimentário de envolver, e restos de plantas da casa ou do xardín. Trátase da fracción húmida do lixo, medio millón de toneladas anuais en Galiza, a razón de medio kilo por persona e día. É a fracción de lixo máis limpa, libre en orixe de substáncias tóxicas, e que pode ser reciclada enteiramente mediante procesos naturais.

Compostaxe CaseiraTradicionalmente téñense aproveitado os residuos orgánicos no rural para alimentar o gando e para abono, reflectindo un estilo de vida autosuficiente. Esta é unha práctica que hai que recuperar e difundir polas súas enormes vantaxes medioambientais, sendo un exemplo paradigmático da aplicación dos principios da reciclaxe e a reutilización.

A finalidade do presente programa é a reducción do volume de lixo mediante procesos de autocompostaxe realizados nas vivendas do rural.

Pretendese dar a coñecer a posibilidade de tratar estes residuos no propio fogar (na horta, xardín ou en garaxe) e subministrar os coñecementos prácticos e o asesoramento individualizado preciso para mellorar esta práctica, consolidándoa como unha alternativa ecolóxica e de futuro.

Configúrase, xa que logo, como un programa educativo e eminentemente práctico, de baixa tecnoloxia, pero que permite adquirir uns coñecementos reais do proceso de compostaxe e da optimización dos seus resultados, á vez que dos aspectos ecolóxicos da xestión do lixo.

Os resíduos e a compostaxe

Compostaxe CaseiraA compostaxe é o proceso biolóxico que permite, mediante a fermentación aerobia, descompoñer e estabilizar materia orgánica para obter humus.

Esta transformación lévana a cabo certos microorganismos (fungos e bacterias), xa presentes na materia orgánica, que atacan os restos orgánicos e redúcennos, co tempo, a un substrato de aparencia terrosa, o humus, moi beneficioso para o crecemento das plantas e a saúde do chan.

As pías de compostaxe son ecosistemas complexos de compoñentes animais, vexetais e minerais, todos eles interrelacionados e todos eles cun papel na descomposición da materia orgánica e na súa conversión en humus. Este é o resultado das actividades dunha sucesión de organismos na que cada grupo prepara o camiño para o seguinte descompoñendo ou convertendo un material biodegradábel complexo nun material máis sinxelo e utilizábel que poida ser consumido polo seu sucesor nesta cadea descompoñedora até o produto final que é o humus.

Os elementos principais que se atopan no compost son o nitróxeno, fósforo, potasio, xofre, ferro e calcio en cantidades variables dependendo da materia inicial a compostar.

Compostaxe CaseiraVantaxes do compost:

  • O compost mellora a textura e a estructura do solo, facendo os chans soltos máis compactos e as chans fortes máis esponxosos, permitíndolles reter os nutrientes, a humidade e o aire necesario para unha boa colleita.
  • Aumenta a capacidade de retención da humidade do chan, axudando a controlar a erosión e impedindo o arrastre das partículas finas.
  • Aporta elementos nutritivos a medida que se mineraliza.
  • Regula a salinidade.
  • Incrementa a absorción da calor solar, producindo un incremento na temperatura do chan.
  • Minora os efectos negativos dos axentes tóxicos como praguicidas ou metais pesados
  • Eleva a cantidade e diversidade de microorganismos.
  • Fomenta a fauna do chan, particularmente as lombrigas de enorme efecto beneficioso sobre a estructura e a aireación do chan.

Constitúe a mellor reciclaxe dos desfeitos orgánicos (que constitúen o 55% do total do lixo xerado polo home), convertendo estes millóns de toneladas nunha fonte activa de nutrientes e pechando o ciclo natural das plantas.

Pódese empregar como abono ecolóxico para cultivos, parques e xardíns; así como para a rexeneración de canteiras e solos de minas ou erosionados (caso dos montes que sufriron repetidos incendios).

Desenvolvemento sostible no IES Illa de Arousa

Martes, Novembro 24th, 2009

Somos as coordinadoras do proxecto do IES Illa de Arousa. Sonia e Charo. É o primeiro ano que participamos no programa de Voz Natura. O noso proxecto consta de varias partes:

- Tratamento dos residuos
- Horto ecolóxico
- Viveiro forestal
- Rexeneración de ecosistemas.
Neste curso comezamos colocando papeleiras en todas as aulas e espacios do centro para a recollida de papel e tamén para a reutilización, materia orgánica para o composteiro, caixas para recollida de pilas e cds e dvds.
Na horta preparamos tres parcelas para plantar
Hai 15 días montamos o invernadoiro
Noticia de última hora! Mañá veñen os da Voz de Galicia a facernos unha reportaxe
ojd