Colaboración coa Galescola….os máis miudos da Arousa

Este curso iniciamos unha nova colaboración con centros do entorno e temos que decir que estamos emocionados por facer cousas en común cos máis pequenos da Arousa.

Primeiro falamos con David o director da Galescola no mes de marzo porque necesitaban árbores para plantar cos pequen@s e nos cedímoslle algúns árbores do noso viveiro. Ademáis o noso club do sacho foi ao Con do Navio un xoves pola tarde para facerlles os buracos e facilitarlles o traballo aos pequenos.

Por ser unha experiencia moi interesante programamos tamén unha visita do alumnado da galescola , familias e profesoradoá nosa horta-invernadoiro. Así que onte tivemos unha visita ben bonita. Toda a tropa miuda da Arousa acompañados de pais, nais e avos/oas e profesores/as. Alí chegaron ás 11 da mañá cargados de ilusión e con moitas ganas de traballar.

Despois de explicarlles un pouco como naceu o noso proxecto con Voz Natura e todo o que levamos feito nestes últimos anos, ala se puxeron coas máns na terra a traballar nos bancais e quitarnos as malas herbas. E David e Borja explicáronlles como facer un viveiro forestal. Así tomando boa nota marcharon para seguir traballando na súa Galescola. Temos que felicitar a David , o director, e ao profesorado e familias por tomar o testigo e seguir os nosos pasos coa nova semente da Arousa.

17796397_440037529668045_99116704510957792_n 17796465_440037719668026_1762614644761198720_n 17796547_440038119667986_796768542870672294_n 18010602_10208868714378521_6457508944016308721_n 18222182_454275394910925_8113637816262718230_n 18301378_455804471424684_5489230501594907727_n 18301432_455804291424702_727812104437331764_n 18341747_454275371577594_6080917767713694003_n 18342262_455804584758006_4358252396233010885_n 18342393_455804611424670_5103376786366340284_n

Esta entrada foi publicada en Árbores, Bicicleta, Charlas e obradoiros, Fotos, Horta, Horto ecolóxico, Inclusión, Invernadoiro, Obradoiros e actividades, Recursos, Repoboacións, Viveiro. Garda a ligazón permanente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *