Neste curso continuamos co proxecto CarpoFlor, para o estudio do Carpobrotus edulis en colaboración coa Universidade de Vigo. Así arrancamos co proxecto en 1º da ESO o día da ciencia en galego coa charla de Luís González Rodríguez que conseguíu admirar ao noso alumnado con todo o que sabía de plantas nativas, exoticas, naturalizadas e invasoras. Luís ainda que e é profesor universitario sabe achegar o seu coñecemento ao noso alumnado e motivalos e interesalos. Neste estudio tamén contamos con Gaby Hundelshausen a súa implicación e colaboración no noso proxecto de Voz Natura e o seu traballo en invasoras co proxecto Alien Invasión no que se están mapeando e catalogando todas as plantas invasoras da Arousa.
O noso traballo consiste en facer un muestreo das diferentes poboacións que temos na praia de Gradín e coller datos de medidas, flores (cor, número..), ver invasoras que compiten con elae estudiar os datos meteorolíxicos dos 5 días anteriores ao muestreo. O alumnado aprende de forma práctica o que é o Método Científico, utiliza as TICs para gardar eses datos e buscar as taboas meteorolóxicas, tamén aprenden a traballar en grupo e colaborar e facer hipóteses do estudo.
Unha experiencia na que aprenden de forma práctica a ser científicos!!!.