O traballo na horta
Xa veu o trempo de plantar e no IES Illa de Arousa xa empezamos a traballar duramente. No mes de xaneiro empezamos a plantas sementes de carballo e nogueira que previamente puxeramos a xerminar en vermiculita. No invernadoiro plantamos leituga, tomate e acelgas.Preparamos tamen sementeiros e xa temos sementados pementos morrón e piquillo , remolacha e leituga, para despois plantar na horta. Fora na horta temos 3 parcelas e de momento xa temos plantado en dúas. Nunha temos nabicol, nabizas , repolo e tamen chícharos.Noutra parcela temos preparado o terreo para poñer as fresas.
E agora a esperar a marzo para acabar de encher a horta de verduras.
A horta empeza a dar os seus froitos….
Deja tu comentario