Escrito por Charo 31 de Xaneiro de 2012 a las 17:12h
Esta semana para celebrar O día da paz, organizamos varias actividades: visualización de peliculas nos diferentes grupos, concurso de manualidades realizadas polo alunado que fagan referencia á paz e este xoves entre as 11.30 e as 12.50 vamos a organizar un mercadillo solidario no que venderemos cousas que traigan os alunos/as das súas casas (libros, cds, bonecos, xogos,…) e os voluntarios da horta venderan as primeiras leitugas e acelgas da plantación do invernadoiro. Os cartos recaudados doaremolos a una ONG.
Escrito por Charo 18 de Xaneiro de 2012 a las 14:11h
Xa chega o momento de plantar as fresas e o alumnado da Illa preparou o terreo, abonou e colocou o plastico na parcela 1 da horta e hoxe no recreo xa plantamos as fresas. Agora a esperar a que den froito e xa temos o aperitivo dos recreos.
Escrito por Sonia Liberdade 18 de Xaneiro de 2012 a las 11:11h
Para que serve un tetrabric?
Respondendo a esta pregunta, o alumnado de 3ºA empregou tetrabrics como macetas para plantar sementes de carballo. Eles se encargaron de traer os envases das suas casa e preparalos para a posterior plantación.
Fixéronno na materia de Tecnoloxía o martes 17 de xaneiro.
No IES da Illa xa empezamos a facer as postais de nadal co papel reciclado. Agora estan a secar e despois veremos como queda. Ahi tedes resumido todo o proceso:
1º Romper en pedazos pequenos o papel recollido na aula
2º Mesturar ese papel con auga e pasarlle a batidora para facer a pasta
3º Botar nun balde auga e mesturar coa pasta
4º Coller a pasta co cribo e deixar que escurra ben a auga
5º Botar nun trapo a pasta e escurrirlle ben a auga cunha balleta
6º Tender e deixar a secar
7º Unha vez seco, sacar con cuidado o papel do trapo
8º Deseñar a postal
Escrito por Charo 13 de Decembro de 2011 a las 13:25h
Este ano o alumnado da Illa de Arousa fará as súas postais de papel reciclado co papel usado recollido nas aulas do centro.
Eles mesmos están a facer os cribos para poder facer o papel no taller de Tecnoloxía coa profesora Meli.
A próxima semana xa poderemos facer as postais…
Escrito por Sonia Liberdade 7 de Decembro de 2011 a las 11:18h
Hoxe comezamos a recoller tapóns de plástico para a iniciativa da Fundación Seúr e Digital Factory.
Consiste en recaudar o maior número de tapóns de plástico, que serán postos a disposición dunha empresa de reciclaxe, para poder financiar así a intervención cirúrxica de Aitana.
Esta nena padece unha cardiopatía conxénita e precisa ser intervida nun centro hospitalario de Boston. http://unasonrisaparaaitana.blogspot.com/
Escrito por Sonia Liberdade 5 de Decembro de 2011 a las 21:18h
Data: Venres 2 de decembro
Lugar: Horta
Hora: no recreo de 11:30 a 12:00
Neste Taller fixemos macetas alternativas a partires de botellas de plástico. Houbo tantos voluntarios para facelo que rematamos moi pronto, aproveitamos despois para sementar sobreiras nas nosas novas macetas!!
O próximo Venres 9 de decembro faremos o 2ª Taller de Macetas Alternativas, no recreo, Apuntádevos!!!