Magnolios e poesía

Just another Blogs Programa VozNatura weblog


Oropéndola

Bubela común
Coas novas aportacións dos alumnos e alumnas, a glicinia vaise enchendo da máis variada fauna , algúns destes paxaros, coma a oropéndola, aínda non conseguimos velo na realidade, pero todo é cuestión de paciencia…os expertos dinnos que solo hai que estar atento e falar baixiño cando saímos a pasear ao monte.

O merlo vémolo todo o ano no patio do instituto e o ruiseñor teremos que esperar a primavera…

Ruiseñor cantando

Grupo de Amanitas Muscarias
AMANITA BONITA
Buscando boletus,
níscalos e lepiotas,
vou andando,
mirando e pensando,
paseando e soñando,
danzando e cantando,
cando de súpeto:
Que bonita amanita!
Non me importa o sabor,
nin tampouco a cor,
só quero mirar á
amanita debuxar,
un xardín de flores
no bosque outonal.
AMOR DE OUTONO

Alfombra de lágrimas de outono
Brotan follas do meu corazón,
coma lágrimas derretidas,
chegou o outono sen razón.
Brotan follas con cadencia de algodón,
a mirada lonxana parece non ollar,
nin darse conta, perdida no ensoñar.
O amor que debuxaba soles de alegría na túa vida,
abandona moi sixilosamente a aqueles aos que ilumina.
E olvida.
Pouco a pouco caen as follas,
con cadencia perezosa, abandonan as pólas…
A mirada impasible, a tristura asoma,
e olla como aquilo que fora, cae e prepara unha alfombra.

Froito do plátano

Froito do liquidámbar
Cando apareceron os primeiros froitos dos nosos “arces”, aínda verdes en Novembro, levamos o chasco. Eses froitos redondos e espiñentos non podían corresponder a verdadeiros arces. Consultando na ben nutrida biblioteca do noso centro, démonos conta do noso erro, ou mellor dito, do erro do experto biólogo, que é quen escribe esta rectificación.
Sámara, froito do arce
Trátase da árbore liquidámbar, en concreto da especie Liquidambar styraciflua, a máis usada en xardíns porque no outono as súas follas tínguense de cores moi vivas, igualiño ca moitas especies de arces.
Hai moito traballado xa sobre estes falsos arces, mesturado con arces de verdade, coma o da bandeira de canadá e os dos bosques do leste de Norteamérica. Non importa, non hai problema en lles chamar arces. Tampouco a acacia “negra” australiana ten nada en absoluto que ver coa acacia “branca” americana. Hai centos de casos así nos nomes vulgares das plantas.
Imos bautizar aos liquidámbar da alameda de Noia como “arce liquidámbar” ou algo semellante. E xa está arreglado.
No traballo da catalogación terán que ir como o que son para a ciencia, Liquidambar, pero entre nos ben poden quedar como arces-liquidámbar ou calquera outro nome que lles inventemos: arce de froito espiñento, arce mentiroso …
Nos, os biólogos, non somos enciclopedias con pernas, pero temos a avantaxe de de ser quen de dármonos conta dos erros e de rectificalos. O mesmo que sucede con calquera clase de coñecemento.
Vexan na wikipedia que bonitos son os “arces de froito espiñento“:
ARCES DE OUTONO

Creación de Jésica
Os arces da nosa alameda,cando chove choran con pena.
Outras veces os arces bromean,
e ríen coma soles de alegría.
Moitas veces no outono con bergoña,
colorean os paseos con vermello borgoña…

Creación de Javier
Follas amarelas…
…vermellas…
…marróns
…verdes tamén…este ano o outono chegou tarde…
…algúns paises homenaxean ao arce na súa bandeira
…porque alí din que están os bosques naturales de arces mais impresionantes do planeta.

Arces no outono
Seguimos co noso percorrido fotográfico pola alameda.
Que sería das alamedas sin os arces! Para gustos píntanse cores e para cores…arces.

Arce urbano

Ademáis de adornar as paisaxes e alegrar o outono o arce tamén nos ofrece outro regalo, o Sirope de arce. Ummm, que rico!


Arce da alameda
Pola fiestra da clase e no patio vemos moitas urracas e tamén moitas gaivotas…hai outros paxaros que non sabemos como se chaman…
Vamos a descubrilo!
Jésica e Javier Neo: escribide o nome dos paxaros que vemos tódolos días no patio do instituto.
Recordade que cando empezamos a escribir hai que facelo con….a ver quen o sabe!!
As Cycas son un grupo de prantas con aspecto similar ás palmeiras pero sin estar emparentadas con elas. Estas prantas, das que existen unhas 15 especies, foron muy corrientes durante a era mesozoica, en especial durante o período xurásico. De feito este período é coñecido como a “Idade das Cycas”.
Rebeca, copia o anterior texto . Ten coidado e non cometas faltas de ortografía.
Recorda, cando empezamos a escribir facémolo con maiúscula. Vale?
Aviso legal Política de privacidad Condiciones generales Todos los derechos reservados por lavozdegalicia.es. Suscribirse a Entradas RSS o a Comentarios RSS.