carlos
La entrada fue publicada por carlos y archivada en Poesía, Árbores

Magnolia
«En van, centenares de milleiros de homes, amoreados nun pequeno espazo, esforzábanse en desfigurar a terra na que vivían; en van cubríana de pedras para que nada puidese xermolar; en van arrincaban as herbas tenras que loitaban por abrollar; en van impregnaban o ar de fume de petróleo e de carbón; en van escorrentaban aos animais e aos paxaros… Porque ate na cidade a primavera era Primavera.»
Liev Tolstoi (Rusia, 1828-1910)
|

Liquidámbar
mlorenzo
La entrada fue publicada por mlorenzo y archivada en Libros, Paxaros, Árbores
O barón rampante é unha novela de
Italo Calvino que trata sobre un rapaz que un día enfadouse co seu pai, subíu a unha árbore e nunca máis volveu a baixar.
Mi familia y otros animales y bichos
que tratan da nenez do propio autor
e da súa paixón polos animáis.
Magníficas novelas as tres, aptas para grandes e pequenos amantes da natureza.


rebecaabelleira
La entrada fue publicada por rebecaabelleira y archivada en Árbores

Alameda de Noia en inverno

Alameda de Noia no inverno

Froito do liquidámbar
mlorenzo
La entrada fue publicada por mlorenzo y archivada en Árbores

A biodiversidade son as árbores da nosa alameda: magnolios,palmeiras,buxos,camelios…
A biodiversidade son os paxaros da ría: garza,garceta,cormorán,gaivota,lavandeira…
A biodiversidade son as nosas mascotas: tartaruga,can,gato,peixes…
A biodiversidade somos nós: Rebeca,Sergio,Javier,Jésica,Luis…
mlorenzo
La entrada fue publicada por mlorenzo y archivada en Árbores

- Felipe de Castro protexido polos magnolios

Follas e froito do magnolio

Folla,froito e semente na aula
mlorenzo
La entrada fue publicada por mlorenzo y archivada en Poesía, Árbores
VELLO MAGNOLIO
Os magnolios da nosa alameda
son coma homes sabios e vellos
protectores e fortes
con longos cabelos.
……………………..
Vello magnolio,
deixame que che abrace,
sentir o teu latido sen ruído,
subirme as túas pólas,
sentarme a túa sombra,
guarecerme e protexerme
baixo o teu ceo de follas.
………………………….
Da igual que sexa inverno,
ti segues sendo igual de tenro,
da igual que sexa verán,
ti segues a refrescar
da igual que sexa primaveira,
as túas follas seguen a estar
o mesmo que no outono
sempiternas a rebrotar.
…………………………..
Por isto…
……………………………
Grazas vello magnolio
por ser sabio e protector
cando todo vai pasando
ti segues dando calor.
mlorenzo
La entrada fue publicada por mlorenzo y archivada en Poesía, Árbores

Grupo de Amanitas Muscarias
AMANITA BONITA
Buscando boletus,
níscalos e lepiotas,
vou andando,
mirando e pensando,
paseando e soñando,
danzando e cantando,
cando de súpeto:
Que bonita amanita!
Non me importa o sabor,
nin tampouco a cor,
só quero mirar á
amanita debuxar,
un xardín de flores
no bosque outonal.
mlorenzo
La entrada fue publicada por mlorenzo y archivada en Poesía, Árbores
AMOR DE OUTONO

Alfombra de lágrimas de outono
Brotan follas do meu corazón,
coma lágrimas derretidas,
chegou o outono sen razón.
Brotan follas con cadencia de algodón,
a mirada lonxana parece non ollar,
nin darse conta, perdida no ensoñar.
O amor que debuxaba soles de alegría na túa vida,
abandona moi sixilosamente a aqueles aos que ilumina.
E olvida.
Pouco a pouco caen as follas,
con cadencia perezosa, abandonan as pólas…
A mirada impasible, a tristura asoma,
e olla como aquilo que fora, cae e prepara unha alfombra.
carlos
La entrada fue publicada por carlos y archivada en Árbores

Froito do plátano

Froito do liquidámbar
Cando apareceron os primeiros froitos dos nosos “arces”, aínda verdes en Novembro, levamos o chasco. Eses froitos redondos e espiñentos non podían corresponder a verdadeiros arces. Consultando na ben nutrida biblioteca do noso centro, démonos conta do noso erro, ou mellor dito, do erro do experto biólogo, que é quen escribe esta rectificación.

Sámara, froito do arce
Trátase da árbore liquidámbar, en concreto da especie Liquidambar styraciflua, a máis usada en xardíns porque no outono as súas follas tínguense de cores moi vivas, igualiño ca moitas especies de arces.
Hai moito traballado xa sobre estes falsos arces, mesturado con arces de verdade, coma o da bandeira de canadá e os dos bosques do leste de Norteamérica. Non importa, non hai problema en lles chamar arces. Tampouco a acacia “negra” australiana ten nada en absoluto que ver coa acacia “branca” americana. Hai centos de casos así nos nomes vulgares das plantas.
Imos bautizar aos liquidámbar da alameda de Noia como “arce liquidámbar” ou algo semellante. E xa está arreglado.
No traballo da catalogación terán que ir como o que son para a ciencia, Liquidambar, pero entre nos ben poden quedar como arces-liquidámbar ou calquera outro nome que lles inventemos: arce de froito espiñento, arce mentiroso …
Nos, os biólogos, non somos enciclopedias con pernas, pero temos a avantaxe de de ser quen de dármonos conta dos erros e de rectificalos. O mesmo que sucede con calquera clase de coñecemento.
Vexan na wikipedia que bonitos son os “arces de froito espiñento“:
mlorenzo
La entrada fue publicada por mlorenzo y archivada en Poesía, Árbores
ARCES DE OUTONO

Creación de Jésica
Os arces da nosa alameda,cando chove choran con pena.
Outras veces os arces bromean,
e ríen coma soles de alegría.
Moitas veces no outono con bergoña,
colorean os paseos con vermello borgoña…
Next Page →