Polos seus froitos os coñeceredes…

Froito do plátano

Froito do liquidámbar
Cando apareceron os primeiros froitos dos nosos “arces”, aínda verdes en Novembro, levamos o chasco. Eses froitos redondos e espiñentos non podían corresponder a verdadeiros arces. Consultando na ben nutrida biblioteca do noso centro, démonos conta do noso erro, ou mellor dito, do erro do experto biólogo, que é quen escribe esta rectificación.
Sámara, froito do arce
Trátase da árbore liquidámbar, en concreto da especie Liquidambar styraciflua, a máis usada en xardíns porque no outono as súas follas tínguense de cores moi vivas, igualiño ca moitas especies de arces.
Hai moito traballado xa sobre estes falsos arces, mesturado con arces de verdade, coma o da bandeira de canadá e os dos bosques do leste de Norteamérica. Non importa, non hai problema en lles chamar arces. Tampouco a acacia “negra” australiana ten nada en absoluto que ver coa acacia “branca” americana. Hai centos de casos así nos nomes vulgares das plantas.
Imos bautizar aos liquidámbar da alameda de Noia como “arce liquidámbar” ou algo semellante. E xa está arreglado.
No traballo da catalogación terán que ir como o que son para a ciencia, Liquidambar, pero entre nos ben poden quedar como arces-liquidámbar ou calquera outro nome que lles inventemos: arce de froito espiñento, arce mentiroso …
Nos, os biólogos, non somos enciclopedias con pernas, pero temos a avantaxe de de ser quen de dármonos conta dos erros e de rectificalos. O mesmo que sucede con calquera clase de coñecemento.
Vexan na wikipedia que bonitos son os “arces de froito espiñento“:
Deja tu comentario