CIENCIA E AUGA

Escrito por Carlos Pérez Freire
1 de abril de 2011 a las 23:56h

Celebramos o día da ciencia e da auga no Colexio Guillelme Brown. A décima edición da Expociencia foi unha xornada intensa de traballo e emocións.

    

Noticias Ourense. Telemiño (1/4/2011)

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

Boca a Boca. Telemiño (4/4/2011)

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

La Voz de Galicia. 1/4/2011

La Región. 1/4/2011

Faro de Vigo. 1/4/2011

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt     

      

CRÓNICA DO DÍA    

_________________________________    

   
O Subdelegado do Goberno, D. Camilo Ocampo, o Delegado Territorial da Xunta de Galicia en Ourense, D. Rogelio Martínez, e o Inspector de Educación , D. José Delgado, presidiron o acto de inauguración da X Expociencia Guillelme Brown. 
 
D. Camilo Ocampo, D. Rogelio Martínez e D. José Delgado dirixíndose aos asistentes:

 





 
 
Todo o alumnado seguíu con atención as súas palabras e felicitacións polo traballo ben feito:
  
  
  
  
 
  
APERTURA DA EXPOCIENCIA
  
Tras os discursos todos os/as alumnos/as defenderon os seus proxectos e suscitaron a atención dos asistentes. 
 

 
  
 
  
 
 
Ao longo da mañá acercáronse ata o Colexio Dª Luisa Pena, Xerente do Parque Tecnolóxico de Galicia, e as Tecnicos da Tecnópole para interesarse polo traballo do alumnado do Centro:
 
 
 
 
  
Dª Ana Garrido, Concelleira de Educación do Concello de Ourense tampouco quixo perder unha nova edición da Expociencia:
  
 
 
Durante toda a mañá e pola tarde o polideportivo foi un fervedoiro de nenos/as e maiores.  

  
 

 
 
EXPOSICIÓN ORAL
  
Despois do xantar os alumnos que asistirán á XII Exporecerca Jove de Barcelona, os días 7, 8 e 9 de abril de 2011, defenderon os seus proxectos ante os compañeiros de clase. 
 
  

  
 
  
POLA TARDE …
 
Ás 16 h. todos voltaron aos seus postos. A mellor forma de aprender é compartir as experiencias cos compañeiros. 
 
 
  
 
 
 
A creaticidade dos máis pequenos tamen sorprendeu aos compañeiros e visitantes:
 
 
 
Ás 17:30 h, tras as valoracións do Xurado e o reconto das cualificación o Director do Colexio e o Coordinador do Departamento de Ciencias entregaron o Premio do Xurado da X Expociencia Guillelme Brown.
  
 
 
Sara Garrido e Emma Lorenzo, co traballo Estudo sobre o aproveitamento da enerxía mecánica nun ximnasio para producir electricidade, foron as gañadoras do premio, PARABENS!
 
 
  
EXPOSICIÓN “PINTAGUA”
  
Paralelamente á Expociencia alumnos e profesores organizaron unha exposición de pintura, “Pintagua”. 
 
 
 
 
CONCERTO “GOTAS MUSICAIS”
  
embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

 

X Expociencia Guillelme Brown

Escrito por Carlos Pérez Freire
31 de marzo de 2011 a las 23:05h

UN DÍA PASADO POR AUGA!

Hoxe celebramos o gran día da Ciencia no colexio,
X EXPOCIENCIA GUILLELME BROWN
dentro do programa VOZ NATURA.
 
(Xornada de portas abertas)
 
 
 
A Escola Oficial de Música prepara o concerto “GOTAS MUSICAIS”

 

…e os profesores de plástica a exposición de pintura “PINTAGUA”

X EXPOCIENCIA GUILLELME BORWN

Escrito por Carlos Pérez Freire
31 de marzo de 2011 a las 21:12h

UN DÍA PASADO POR AUGA!

Hoxe, venres 1 de abril de 2011, celebramos o gran día da Ciencia no colexio,
X EXPOCIENCIA GUILLELME BROWN
dentro do programa VOZ NATURA.
(Xornada de portas abertas)
 

A Escola Oficial de Música prepara o concerto “GOTAS MUSICAIS”…

 

…e os profesores de plástica a exposición de pintura “PINTAGUA”

Conta atrás para a X EXPOCIENCIA

Escrito por Carlos Pérez Freire
22 de marzo de 2011 a las 23:00h

Falta 1 día 

1 día. 1 %. (31/3/2010)
Menos do 1% da auga fresca da Terra é accesible para o uso humano directo.
~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~
2 días. 2 Hl. (30/3/2011)
200 l é a estimación de gasto medio de auga potable ao día por habitante en Europa, aínda que só se consume como bebida uns 2 litros. En moitos países a auga potable é un ben cada vez máis escaso e témese que poidan xerarse nun futuro conflitos bélicos pola posesión das súas fontes. 
~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~
3 días. 3 átomos. (29/3/2011)
3 átomos forman a molécula da auga: dous de hidróxeno e un de osíxeno.H2
~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~
4 días. 4 ºC. (28/3/2011)
A 4 ºC e 1 atmosfera de presión a auga presenta a densidade de referencia  habitual para os líquidos e os sólidos, d = 1 g/cm3. Por debaixo desta temperatura, ata 0 ºC, presenta un comportamento anómalo xa que a medida se arrefría en vez de contraerse dilatase, o que provoca un aumento de volume e unha diminución da súa densidade. Por isto o xeo flota.
~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~
5 días. 5 océanos. (27/3/2011)
5 son os grandes océanos do planeta: Océano Pacífico, Océano Atlántico, Océano Índico, Océano Ártico e Antártico.
~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~
6 días. 6 km. (26/3/2011)
As mulleres de África e Asia teñen que percorrer a pé, de media, 6 km ao día para procurarse auga.
~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~
 7 días. 7 mares. (25/3/2011)
 A expresión sete mares (ou “navegar polos sete mares”) utilizouse ao longo da historia de moitas culturas e pobos en relación a un grupo de mares (reais ou mitolóxicos) e usábase (e úsase) tanto para referirse a un conxunto determinado de sete mares como ao conxunto dos mares do mundo coñecido nese momento.
Ten unha orixe moi remota (menciónase por vez primeira no Século XXIII a. C.) e os mares aos que se refire cambiaron moito segundo a época e lugar, xa que a expresión foi empregada pola maioría dos pobos da antigüidade: chineses, indios, antigos gregos e antigos romanos. A través destes dous últimos, en particular, estableceuse o grupo de “sete mares” que é mencionado con máis frecuencia na literatura medieval europea: 
- O golfo Pérsico.
- O  mar Negro.
- O mar Caspio.
- O mar Vermello, incluíndo o peche do mar Morto e o mar de Galilea.
- O mar Mediterráneo, incluídos os seus mares marxinais en particular, o mar Exeo.
- O mar Adriático.
- O  mar de Arabia (que é parte do océano Índico).
~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~
8 días. 8 % da auga para uso doméstico. (24/3/2011)
O 8 % da extracción anual de auga para uso humano se destina ao consumo doméstico (fogar, auga para beber, saneamento). A industria representa o 23% e o 69% a agricultura (principalmente para rego).
~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~
9 días. 9 litros. (23/3/2011)
- Un billa que gotea pode perder 9 litros de auga ao día.
- A U.E. estableceu a capacidade máxima dunha cisterna en 9 litros. Cada vez que realizamos unha descarga innecesaria dun sanitario (tirar un pano, insecto, un pelo ao inodoro en vez da papeleira) desperdiciamos 9 litros.
- 9 litros de auga por día é a cantidade de que dispón calquera habitante de Somalia. A ONU estima que  unha persoa debe dispor de 50 litros de auga ao día. Nos EE.UU. a media de consumo diario por persoa é de 250 a 300 litros.
~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~
10 días. 10 curiosidades sobre a auga. (22/3/2011)
1. O 70% da Terra está cuberto de auga.
2. Nun período de 100 anos, unha molécula de auga pasa 98 anos no océano.
3. As pingas de choiva non teñen forma de bágoa.
4. A auga supón o 55% do peso dun humano adulto.
5. Unha persoa pode sobrevivir un mes sen alimentarse, pero só sete días como máximo sen beber auga.
6. A maioría da auga que consumimos a diario procede dos alimentos.
7. Enxeñeiros da Universidade de Florida crearon unha superficie plana que non se humedece, senón que as pingas de auga rodan sobre ela.
8. Necesítanse 450 litros de auga para producir un ovo de galiña, 7.000 litros para refinar un barril de petróleo cru e 148.000 litros para fabricar un automóbil.
9. Na Universidade de Tokio desenvolveron un material chamado auga elástica ideal para fabricar medicamentos e para reparar tecidos.
10. A urticaria acuaxénica é unha forma moi rara de reacción alérxica á auga.

Premio Provincial VOZ NATURA 2010

Escrito por Carlos Pérez Freire
18 de enero de 2011 a las 18:32h

 

Os/as alumnos/as do Colexio Guillelme Brown, como gañadores do Premio Provincial VOZ NATURA 2010, estiveron o 23 e 24 de setembro de 2010  no Albergue Palacio da Teyeira (en Mestas de Con, Asturias, a 8 Km de Cangas de Onís).

Durante os dous días practicaron tiro con arco, deportes de aventura, rotas de sendeirismo e realizaron diversas visitas.

As fotos falan por si mesmas e dan boa conta do ben que o pasamos.

(Preme na imaxe para acceder ao album)

Excelente participación do Guillelme Brown na Galiciencia

Escrito por Carlos Pérez Freire
26 de noviembre de 2010 a las 14:18h

As alumnas do Guillelme Brown acaparan un ano máis a atención na Galiciencia 2010. 

 

Ano 2006: 1º premio. Carlos Muriel co traballo Desalinizadora solar

Ano 2007: 2º Premio. Alicia co Sistema para xerar electricidade aproveitando as mareas

Ano 2008: 1º Premio. Rodrigo e  Juan  Sebastián so Bioedificio

Ano 2009: 1º Premio categoría B. Juan, Antonio e  Alex coa Mochila Ergonómica

E no ano 2010: 1º premio do 2º Ciclo e 1º premio da Galiciencia para Ana e Uxía co Deseño dun sistema de climatización mediante ventás con cámara de auga. 

O Así e todo cabe felicitar a todos os alumnos do Colexio que participaron cos seus proxectos polo excelente traballo realizado e canto aprenderon coa participación en todas as expociencias ás que asistiron no 2010. 

O Director Xeral de I+D+i, D. Ricardo Capilla, e o Delegado Territorial en Ourense da Xunta de Galicia, D. Rogelio Martínez, presidiron a cerimonia de clausura da V Galiciencia. Destacaron o éxito de participación, a calidade dos traballos presentados  e a rápida consolidación deste certame. 

 

Posteriormente entregáronse os diplomas a todos os participantes. 

  

Ao final xurdiu a sorpresa, o traballo de Ana e Uxía realizado para VOZ NATURA no curso 2009/2010, Deseño dun sistema de climatización mediante ventás con cámara de auga, recibe dous dos catro premios da Galiciencia, o 1º premio do 2º Ciclo e o 1º premio da Galiciencia. Este traballo representou a España en setembro de 2010 no certame Stockholm Junior Water Prize, evento enmarcado na World Water Week (Semana mundial sa auga de Estocolmo) e tamen foi premiado na XI Exporecerca Jove de Barcelona. 

 

(Arriba) Ana recibindo o seus premios de mans do Director Xeral de I+D+i, D. Ricardo Capilla, e o Delegado Territorial en Ourense da Xunta de Galicia, D. Rogelio Martínez. 

(Abaixo) os premiados na V Galiciencia. 

 

Os medios de comunicación tamén se interesaron polo proxecto gañador… 

 

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

… e despois de tantas emocións tocou recoller todo, despedirse de tantos amigos cataláns, vascos e galegos e volver ao colexio para preparar os traballos do próximo ano. 

  

Así rematou a SEMANA DA CIENCIA 2010 e a V GALICIENCIA. A súa carpa quedaba valeira e lista para ser desmontada ata a próxima edición no 2011. 

   

TRÍPTICO DO TRABALLO GAÑADOR: 

Deseño dun sistema de climatización mediante ventás con cámara de auga. 

 

Galiciencia 2010

Escrito por Carlos Pérez Freire
25 de noviembre de 2010 a las 20:55h

Alumnos e profesores do colexio Guillelme Brown participan na Galiciencia 2010. O mércores 24 de novembro ás 9 h. da mañá xa estabamos preparando os nosos expositores. Como obter enerxía eléctricas das augas termais? Como climatizar unha vivenda con auga de cores entre os cristais das fiestras? Como aplicar as células termoeléctricas para obter auga do aire? e Como combatir os piollos con productos naturais? foron os cinco traballos de investigación escolar que presentamos.

Ás 10 h. todo estaba preparado e dispostos a recibir as 2000 visitas esperadas nos tres días que durararía o certame.

Chegaron os primeiros autobuses cargados de compañeiros doutros centros, procedentes de toda Galicia, e a carpa da Galiciencia converteuse nun fervedoiro de xente.

As alumnas defenderon os seu traballos, igual que o fin de semana anterior en OURENSE INVESTIGA na alameda do Concello de Ourense, con moita ilusión e durante toda a mañá e toda a tarde.

Paralelamente os participantes e visitantes puideron gozar co taller “¡Hágase la luz! 50 aniversario del descubrimiento del láser” de Adolf Cortel e os talleres dos profesores do Colexio guillelme Brown Carlos, ” TALLER “VIVA A VIDA e os seres vivos” (BIODIVERSIDAD), e David, “Vamos ao espacio”.

Seguimos na SEMANA DA CIENCIA 2010

Escrito por Carlos Pérez Freire
22 de noviembre de 2010 a las 18:28h

De OURENSE UNVESTIGA á GALICIENCIA.

Os traballos dos alumnos do Colexio Guillelme Brown presentados na carpa OURENSE INVESTIGA, os días 21 e 22 de novembro de 2010, viaxan cara o Parque Tecnolóxico de Galicia, Tecnópole.

Os días 24, 25 e 26 de novembro de 2010 celebrase na Tecnópole a GALICIENCIA, a feira científica máis grande de Galicia. Este ano vai pola quinta edición e nela participan alumnos e profesores de toda Galicia, Cataluña, País Vasco…

Paralelamente á exposición dos traballos, os profesores do Colexio Guillelme Brown e monitores levarán a cabo talleres científicos para os colexios que nos visiten.

OURENSE INVESTIGA na Alameda do Concello de Ourense

Escrito por Carlos Pérez Freire
21 de noviembre de 2010 a las 20:44h

Fantástica acollida do público á primeira experiencia na rúa dos alumnos e profesores do Colexio Guillelme Brown.

embedded by Embedded Video

vimeo Direkt

O domingo 21 de novembro de 2010 ás 10 h da mañá os alumnos/as estaban puntuais para preparar os expositores e dar a coñecer os seus proxectos de investigación á cidade de Ourense.

Ás 11 h. a carpa xa estaba montada e aberta ao público.

Ás 12 h. tivo lugar a recepción de autoridades: D. Rogelio Martínez, Delegado Territorial da Xunta de Galicia, D. Francisco Rodríguez, Alcalde de Ourense e Dª Ana Mª Garrido Concelleira de Educación. Todos poideron escoitar as defensas que os participantes fixeron dos seus proxectos. 

Moitas persoas tamen se acercaron ata a Alameda do Concello para visitar a carpa OURENSE INVESTIGA e poder coñecer de preto os traballos dos escolares.

 

Paralelamente, na entrada da carpa, tivo lugar durante toda a mañá un taller científico sobre a percepción. Mozos/as e maiores puideron gozar coas explicacións e as experiencias deste taller.

Tras un descanso para o xantar, ás 17 h, todos estaban nos seus postos para seguir celebrando na rúa esta “festa da ciencia”.

A pesar do mal tempo, na carpa as visitas foron constantes durante toda a xornada.

 

Os alumnos/as non deixaron de expor os seus traballos en ningún momento debido ao éxito de participación.

Tamén o taller de percepción tivo unha grande aceptación pola tarde.

 

 

Ourense investiga

Escrito por Carlos Pérez Freire
11 de noviembre de 2010 a las 9:04h

Ciencia, alumnos e profesores saímos á rúa.

O domingo 21 e luns 22 de novembro de 2010 alumnos e profesores do Colexio Guillelme Brown celebran a Semana da Ciencia na Alameda do Concello de Ourense.

Nunha carpa instalada na Alameda os alumnos/as do colexio exporán os mellores traballos de investigación realizados durante o curso 2009/2010. Como xa é habitural farán unha defensa brillante dos seus proxectos, algo que demostraron na anterior Expociencia Guillelme Brown, na Exporecerca Jove de Barcelona e en Semana Mundial da Auga de Estocolmo.

Os traballos expostos polos alumnos do Guillelme Brown foron premiados na Exporecerca Jove de Barcelona, na Semana Mundial da Auga de Estocolmo (no certame Stockholm Junior Water Prize) e na Miset Expo-Science Europe de Moscú  (RUSIA) no presente ano.

Paralelamente os profesores levarán a cabo un “taller de percepción” para todo o público en xeral que desexe visitarnos.

Esta actividade está enmarcada dentro dos actos da Semana da Ciencia que organiza o FECYT e a Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia e a colaboración da Concellería de Educación de Ourense.

A entrada é libre e a carpa estará aberta no seguinte horario:

Domingo 21 de novembro de 2010, de 11 h. a 14 h. e de 17 h. a 20 h.

Luns 22 de novembro de 2010, de 17 h. a 20 h.

Anímate a participar! OURENSE INVESTIGA

 

ojd