Entradas para la categoría ‘Semana Mundial da Auga de Estocolmo 2010’

Ao final non puido ser! Gañou canadá.

Viernes, septiembre 10th, 2010

Pese ao estupendo traballo de Ana e Uxia, non puido ser, o premio levouno Canadá co traballo “Novel biodegradation of polystyrene” e o diploma de excelencia, foi para China polo proxecto “novel soil remedation technology for south chinesa”.

Así e todo cabe destacar que a cerimonia, presidida pola S.A.R. a Princesa Victoria de Suecia,  foi impresionante e moi emotiva. O que viviron Ana e Uxía non o esquecerán en toda a súa vida. Sentimos non poder levar o premio a España pero o nivel era moi alto e as decisións do xurado son soberanas. Esta experiencia é magnífica aínda que as vivas dúas veces (como é o meu caso) -eu xa representei a España no ano 2008, co traballo “system to generate electricity taking advantage of the tides” da alumna Alicia González-.

Ceas coas S.M. os Reis de Suecia e no Vasa Mueet, Recepción no Concello de Estocolmo, cerimonias, espectáculos e a encantadora cidade de Estocolmo fixeron desta viaxe unha experiencia única.

Vídeo da cerimonia de entrega de diplomas a todos os participantes do Syockholm Junior Water Prize coa S.A.R. a Princesa Victoria de Suecia:

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

 As mellores fotos ddaquela semana en Estocolmo:

A delegación española xa está en Estocolmo co seu proxecto.

Domingo, septiembre 5th, 2010

Chegamos o sábado 4 de setembro de 2010. Mañá domingo toca montar o expositor para una defensa brillante do noso traballo.

Colgar os paneis, dobrar os trípticos, e dar a último repaso á metodoloxía aplicada, resultados e conclusións do proxecto.

Os trinta e dous países compiten con traballos dun altísimo nivel. Alumnos de ensino medio e universidades dos cinco continentes presentan os seus proxectos relacionados coa auga coa fin contribuír a mellorar o mundo. As representantes de España son as máis novas, tan só teñen catorce anos pero non se achican ante a presión do evento.

O xurado do Stockholm Junior Water Prize non tarda en pasar e interesarse polo noso traballo.

Independentemente do fallo do xurado xa nos sentimos gañadores por todo o que estamos a gozar e Ana e Uxía están pasándoo de medo.

Stockholm Junior Water Prize 2010

Viernes, julio 9th, 2010

Un ano máis alumnas do Colexio Guillelme Brown na semana mundial da auga de Estocolmo (World Water Week)

Dúas alumnas galegas do Colexio Guillelme Brown de Ourense, Uxía Fernández Bustillo e Ana Esteban Baloira, foron seleccionadas en xuño de 2010 para representar a España, e por conseguinte a Galicia, no Stockholm Junior Water Prize que está considerado o Premio Nobel Junior da Agua, o galardón internacional máis importante do mundo en investigación sobre o vital elemento nas súas dúas versións, senior e junior (Stockholm Junior Water Prize).

O traballo foi realizado dentro do programa Voz Natura e seleccionado pola Fundación Agbar de Barcelona e KEMIRA Ibérica, patrocinadores da fase nacional do Stockholm Junior Water Prize, para representar a España.

Ao longo de toda a mañá do día 14 de xuño de 2010, novos científicos procedentes de diferentes Institutos de Educación Secundaria de España, candidatos á final española do premio, defenderon as súas propostas ante o Comité Científico Nacional, que preside o catedrático de Enxeñería Ambiental da Universidade Politécnica de Cataluña e especialista en reutilización da auga, D. Rafael Mujeriego, nas instalacións da Fundación Agbar, en Barcelona. Finalmente, o premio foi concedido a Uxía Fernández e Ana Esteban, alumnas de 3º de ESO do colexio Guillelme Brown de Pereiro de Aguilar (Ourense) polo seu traballo “DESEÑO DUN SISTEMA DE CLIMATIZACIÓN MEDIANTE VENTÁS CON CÁMARA DE AUGA”.

En palabras de Rafael Mujeriego, o xurado destaca “a orixinalidade, metodoloxía e criterio científico na globalidade dos traballos, con transfondo social ou histórico nalgúns casos; a crecente preocupación por temas ambientais e a capacidade de innovación e inventiva”.

O traballo das nosas alumnas competirá con outros procedentes de 31 países do 5 ao 10 de setembro de 2010 en Estocolmo. Os actos serán presididos polos membros da Familia Real Sueca.

O 8 de xullo ás 11:30 tivo lugar no Edificio Simeón de Ourense a entrega de credenciais por parte de responsables da Fundación Agbar de Bacelona ás nosas aumnas.

En 2008  outra alumna do colexio. Alicia González, tivo a honra de representar a España no mesmo certame.

.

Máis información nos enlaces:

http://www.sjwp.es/

.

Nas notas de prensa (preme mas imaxes para ver a notivia):

(16/6/2010)

 (17/6/2010)

.

E na televisión local e autonómica:

Telemiño. Noticias Ourense.

(8/8/2010)

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

.

Reportaxe na RTVE,  Telexornal. Informativo territorial de Galicia

Preme na imaxe para ver o informativo.

(18/6/2010)

.

E unhas fotos:

ojd