Excelente participación do Guillelme Brown na Galiciencia
Viernes, noviembre 26th, 2010As alumnas do Guillelme Brown acaparan un ano máis a atención na Galiciencia 2010.
Ano 2006: 1º premio. Carlos Muriel co traballo Desalinizadora solar.
Ano 2007: 2º Premio. Alicia co Sistema para xerar electricidade aproveitando as mareas.
Ano 2008: 1º Premio. Rodrigo e Juan Sebastián so Bioedificio.
Ano 2009: 1º Premio categoría B. Juan, Antonio e Alex coa Mochila Ergonómica.
E no ano 2010: 1º premio do 2º Ciclo e 1º premio da Galiciencia para Ana e Uxía co Deseño dun sistema de climatización mediante ventás con cámara de auga.
O Así e todo cabe felicitar a todos os alumnos do Colexio que participaron cos seus proxectos polo excelente traballo realizado e canto aprenderon coa participación en todas as expociencias ás que asistiron no 2010.
O Director Xeral de I+D+i, D. Ricardo Capilla, e o Delegado Territorial en Ourense da Xunta de Galicia, D. Rogelio Martínez, presidiron a cerimonia de clausura da V Galiciencia. Destacaron o éxito de participación, a calidade dos traballos presentados e a rápida consolidación deste certame.
Posteriormente entregáronse os diplomas a todos os participantes.
Ao final xurdiu a sorpresa, o traballo de Ana e Uxía realizado para VOZ NATURA no curso 2009/2010, Deseño dun sistema de climatización mediante ventás con cámara de auga, recibe dous dos catro premios da Galiciencia, o 1º premio do 2º Ciclo e o 1º premio da Galiciencia. Este traballo representou a España en setembro de 2010 no certame Stockholm Junior Water Prize, evento enmarcado na World Water Week (Semana mundial sa auga de Estocolmo) e tamen foi premiado na XI Exporecerca Jove de Barcelona.
(Arriba) Ana recibindo o seus premios de mans do Director Xeral de I+D+i, D. Ricardo Capilla, e o Delegado Territorial en Ourense da Xunta de Galicia, D. Rogelio Martínez.
(Abaixo) os premiados na V Galiciencia.
Os medios de comunicación tamén se interesaron polo proxecto gañador…
embedded by Embedded Video
YouTube Direkt
… e despois de tantas emocións tocou recoller todo, despedirse de tantos amigos cataláns, vascos e galegos e volver ao colexio para preparar os traballos do próximo ano.
Así rematou a SEMANA DA CIENCIA 2010 e a V GALICIENCIA. A súa carpa quedaba valeira e lista para ser desmontada ata a próxima edición no 2011.
TRÍPTICO DO TRABALLO GAÑADOR:
Deseño dun sistema de climatización mediante ventás con cámara de auga.



















