¿Quienes somos?
COLEXIO GUILLELME BROWN nace no ano 1987, un centro persoal, mixto, non confesional, independente, non vinculado a ningunha ideoloxÃa polÃtica ou relixiosa pero si aberto a todas as liñas de pensamento baseadas na ética democrática e nos principios da Declaración dos Dereitos do Home. O noso proxecto educativo parte dos presupostos metodolóxicos e pedagóxicos que puxo en movemento a Institución libre de ensino e que se foron enriquecendo ao longo do século XX coas achegas de ilustres pedagógos que comezaron a distinguir entre a simple instrución e a formación integral do individuo.
O Colexio ofrece E. Infantil, E. Primaria e Secundaria.
Os profesores do Departamento de Ciencias desenvolven todos os anos o P.A.D. (Programa de atención á diverdsidade) onde os alumnos de E. Secundaria poden desenvolver traballos de investigación escolar. Estes traballos ven a luz na Expociencia do colexio, que se ven celebrando en abril ou marzo de cada curso desde o 2001. A Expociencia Guillelme Brown é unha actividade interdisciplinar na que participa toda a comunidade escolar -alumnos e profesores de E. Infantil, E. Primaria e E. Secundaria-. Os mellores traballos realizados preséntanse posteriormente a expociencias nacionais e internacionais.
Desde o programa VOZ NATURA da Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre o noso proxecto acada máis forza . dete xeito, todo o traballo realizado no centro atopa un novo marco de divulgación contribuÃndo á  formación dos nosos alumnos.
Web do Colexio Guillelme Brown: http://www.guillelmebrown.com





