Traballos investigación 2010-2011
Lunes, mayo 30th, 2011
A investigación non é soamente unha colección de datos. Os datos son parte da investigación, pero ademais inclúe…
- A observación do que sucede;
- A predición do que podería suceder;
- O deseño do plan de traballo;
- O exame de predicións baixo condicións controladas para ver se son correctas;
- O esforzo de entender as nosas observacións;
- O pracer de descubrir o gusto pola aprendizaxe e …
- A divulgación dos coñecementos adquiridos.
Porque é importante traballar en equipo e compartir todo o que aprendemos tamen queremos divulgar os traballos realizados no Colexio Guillelme Brown (curso 2010-11):
(preme nos títulos para acceder aos trípticos dos traballos)
ESTUDO SOBRE O LUME GREGO
Henrique G. Rodríguez e Antonio Cañizo. 4º ESO.
IMPACTO DA EXPOSICIÓN PASIVA DOMICILIARIA AO FUME DO TABACO NA POBOACIÓN INFANTO-XUVENIL.
Ana Esteban e Uxía Fernández. 4º ESO.
DESEÑO E CONSTRUCIÓN DUN SISTEMA DE DEPURACIÓN DE AUGA CONTAMINADA.
Sandra Somastre. 4º ESO.
AS CRISTALIZACIÓNS SENSIBLES COMO UN MODO DE AVALIACIÓN DA ORIXE DOS CULTIVOS.
Sofía Domínguez. 4º ESO.
ESTUDO SOBRE AS APLICACIÓNS DE DIVERSAS ASOCIACIÓNS DAS PLACAS PELTIER Á PRODUCIÓN DE ELECTRICIDADE EMPREGANDO AUGAS TERMAIS E FLUVIAIS.
Nerea González e Lucia Ferreirós. 4º ESO.
BAILANDO COA CIENCIA. APROXIMACIÓN CIENTÍFICA Á DANZA.
Sofía Barreiro e María Maslanka. 2º de ESO.
CIRURXÍA ESTÉTICA, NECESIDADE OU MODA?
Antonio Montes e Martiño Fernández. 1º de ESO.
ESTUDO SOBRE O APROVEITAMENTO DA ENERXÍA MECÁNICA NUN XIMNASIO PARA PRODUCIR ELECTRICIDADE.
Sara Garrido e Emma Lorenzo. 1º de ESO.
DESENVOLVEMENTO DUN PANEL ILLANTE NATURAL PARA O SEU EMPREGO EN CONSTRUCIÓNS.
Liena Pérez, Sofía Justo e Uxía Ayala. 1º de ESO.
CANTO TEMPO SE AFORRA SENDO UNHA PERSOA ORDENADA?
Rebeca Teixeira. 1º de ESO.





