O Blog científico do Programa VozNatura
Un ano máis o Colexio Guillelme Brown foi o centro máis premiado da Exporecerca Jove. Cinco foron os diversos premios e recoñecementos do xurado na 12ª edición do certame científico de Barcelona:
2º PREMIO CATEGOTÍA A
DESENVOLVEMENTO DUN PANEL ILLANTE NATURAL PARA O SEU EMPREGO EN CONSTRUCIÓNS. Liena Pérez, Sofía Justo e Uxía Ayala. 1º de ESO
Están convidadas a participar no Festival internacional de ciencia en Eslovaquia Vedy à Technikyque a asociación “Amavet” de Eslovaquia organiza, en Bratislava na segunda quincena de novembro.
PREMIO CSIC
DESENVOLVEMENTO DUN PANEL ILLANTE NATURAL PARA O SEU EMPREGO EN CONSTRUCIÓNS. Liena Pérez, Sofía Justo e Uxía Ayala. 1º de ESO.
Están convidadas a unha estancia dunha semana nun Instituto do CSIC e titorizadas pon un investigador profesional do CSIC relacionado coa temática do proxecto para ampliar o seu traballo.
3º PREMIOCATEGOTÍA B
DESEÑO E CONSTRUCIÓN DUN SISTEMA DE DEPURACIÓN DE AUGA CONTAMINADA. Sandra Somastre. 4º ESO.
Está convidada a participar no “VI Encuentro de Alumnos Investigadores” promovido pola Asociación de Profesores de Ciencias “Eureka”. Terá lugar en San Fernando (Cádiz) do 26 ao 29 de abril de 2011.
1º ACCESIT CATEGORÍA A
BAILANDO COA CIENCIA. APROXIMACIÓN CIENTÍFICA Á DANZA. Sofía Barreiro e María Maslanka. 2ºde ESO
Están convidadas a participar no “VI Encuentro de Alumnos Investigadores” promovido pola Asociación de Profesores de Ciencias “Eureka”. Terá lugar en San Fernando (Cádiz) do 26 ao 29 de abril de 2011.
1º ACCESIT CATEGORÍA B
IMPACTO DA EXPOSICIÓN PASIVA DOMICILIARIA AO FUME DO TABACO NA POBOACIÓN INFANTO-XUVENIL. Ana Esteban e Uxía Fernández. 4º ESO.
Están convidadas a participar no “VI Encuentro de Alumnos Investigadores” promovido pola Asociación de Profesores de Ciencias “Eureka”. Terá lugar en San Fernando (Cádiz) do 26 ao 29 de abril de 2011.
Telexornal informativo territorial de Galicia. TVE (11/4/2011)
embedded by Embedded Video
YouTube Direkt
Telexornal informativo territorial de Galicia. TVE (7/4/2011)
Connexió Barcelona. Barcelona Televisió (7/4/2011)
embedded by Embedded Video
YouTube Direkt
A exposición remataba cunha homenaxe no recinto da Exporecerca aos participantes de Bélxica, Brasil, Kazakhstan e Eslovaquia:






2º DÍA
Outro día de traballo, visita ao Museo da Ciencia Cosmocaixa, paseo por Barcelona …
Despois dunhas cuantas horas de sono máis que as de onte comezou a segunda xornada de traballo da XII Exporecerca Jove. Os xurados avaliaron os traballos durante todo o día:










Tamen recibimos numerosas visitas de colexios e institutos de Barcelona e os alrededores. O recinto da Exporecerca foi un fervedoiro de visitantes:

Tras o xantar visitamos o Museo da Ciencia Cosmocaixa:




Pola tarde paseo por Barcelona …


… e para rematar o día non podía faltar o tradicional derbi Ourense-Guillelme & Vigo-Alborada:

1º DÍA
Ás 10 h. Os directores da XII Exporecerca, Marc Jordana e Bruno Götzens, deron a benvida a todos/as os/as participantes no acto inaugural:
Posteriormente o Vicerrector da Universidade Ramón Llull, D. José Mª Garrel, e o Director do Campus La Salle, D. Miquel Ángel Barrabeig, interesáronse polo traballo gañador da X Expociencia Guillelme Brown:
Ás 11 h. tivo lugar a apertura da Exporecerca e todos/as estaban preparados/as nos seus stands:
Comezan así tres días de exposición dos traballos ao público, aos xurados e aos compañeiros:
Tamén houbo tempo para facer amigos e aprender dos seus proxectos:
Para rematar o día, un paseo por Barcelona…
… e a pesar de todo aínda quedaron forzas para xogar un partido de fútbol, xa na Residencia Universitaria Ágora, cos compañeiros do Colexio Alborada de Vigo.
18 alumnos e 3 profesores do Colexio Guillelme Brown representarán a VOZ NATURA na XII Exporecerca Jove de Barcelona con 10 traballos.
embedded by Embedded Video
YouTube Direkt

Noticias Ourense. Telemiño (1/4/2011)
embedded by Embedded Video
YouTube Direkt
Boca a Boca. Telemiño (4/4/2011)
embedded by Embedded Video
YouTube Direkt
La Voz de Galicia. 1/4/2011

La Región. 1/4/2011

Faro de Vigo. 1/4/2011

embedded by Embedded Video
YouTube Direkt
CRÓNICA DO DÍA
_________________________________
O Subdelegado do Goberno, D. Camilo Ocampo, o Delegado Territorial da Xunta de Galicia en Ourense, D. Rogelio Martínez, e o Inspector de Educación , D. José Delgado, presidiron o acto de inauguración da X Expociencia Guillelme Brown. D. Camilo Ocampo, D. Rogelio Martínez e D. José Delgado dirixíndose aos asistentes:


APERTURA DA EXPOCIENCIA
Tras os discursos todos os/as alumnos/as defenderon os seus proxectos e suscitaron a atención dos asistentes.
Ao longo da mañá acercáronse ata o Colexio Dª Luisa Pena, Xerente do Parque Tecnolóxico de Galicia, e as Tecnicos da Tecnópole para interesarse polo traballo do alumnado do Centro:
Dª Ana Garrido, Concelleira de Educación do Concello de Ourense tampouco quixo perder unha nova edición da Expociencia:
Durante toda a mañá e pola tarde o polideportivo foi un fervedoiro de nenos/as e maiores.

POLA TARDE …
Ás 16 h. todos voltaron aos seus postos. A mellor forma de aprender é compartir as experiencias cos compañeiros.
A creaticidade dos máis pequenos tamen sorprendeu aos compañeiros e visitantes:
Ás 17:30 h, tras as valoracións do Xurado e o reconto das cualificación o Director do Colexio e o Coordinador do Departamento de Ciencias entregaron o Premio do Xurado da X Expociencia Guillelme Brown.
Sara Garrido e Emma Lorenzo, co traballo Estudo sobre o aproveitamento da enerxía mecánica nun ximnasio para producir electricidade, foron as gañadoras do premio, PARABENS!
EXPOSICIÓN “PINTAGUA”
Paralelamente á Expociencia alumnos e profesores organizaron unha exposición de pintura, “Pintagua”.
CONCERTO “GOTAS MUSICAIS”
embedded by Embedded Video

…e os profesores de plástica a exposición de pintura “PINTAGUA”

embedded by Embedded Video
YouTube Direkt

A Escola Oficial de Música prepara o concerto “GOTAS MUSICAIS”…
…e os profesores de plástica a exposición de pintura “PINTAGUA”

Aviso legal Política de privacidad Condiciones generales Todos los derechos reservados por lavozdegalicia.es. Suscribirse a Entradas RSS o a Comentarios RSS.