Os composteiros non teñen vacacións

 

019000925500415_2__440x440[1] Recordade que o proceso da compostaxe non  para. Este ano contamos cun novo composteiro no patio de Educación Infantil. É un composteiro rotativo co que os nenos e nenas xogan a darlle voltas no recreo, e así se mestura todo e faise o compost mais rápido. Nos lados hai buratos para que as bacterias que descompoñen a materia orgánica poidan respirar o osíxeno.

Xa temos tres composteiros, coas súas diferencias, pero os tres precisan de restos orgánicos, osíxeno e tempo. De feito o que se está a empregar na horta leva facéndose dende hai 4 meses.

Estamos a reciclar restos de merendas de 125 nenos de EI, follas, posos de café da cafetería, etc. Os nenos de ESO están a recoller o caldeiro (cun peso aproximado de un Kg e medio) os luns para o vermicomposteiro e os mércores e venres para o composteiro grande. Os martes e os xoves vai para o rotativo no patio de EI.

Toda a nosa produción vai ir para a horta, plantas aromáticas…

Velaquí algúns links moi interesantes sobre o tema

 

 

Esta entrada foi publicada en A horta, Residuos orgánicos, School Garden. Garda a ligazón permanente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *