Reciclaxe de cartuchos de impresión baleiros

Prezados pais/nais:

         Unha das medidas que debemos tomar para o aforro de enerxía e frear o cambio climático é poñer en práctica os “tres R”: reducir, reutilizar e reciclar. Os alumnos de 1º de Bacharelato imos colaborar tamén este ano na recollida de cartuchos de impresión baleiros de tinta ou de tóner, para a súa posterior reutilización.

        A empresa Recoatlántico, de Moaña, recólleos e abónanos unha cantidade que será de axuda para a nosa viaxe de fin de curso.

         Haberá caixas de recollida na entrada da Escola para depositar os cartuchos.

         Moitas grazas pola vosa colaboración.

Nota: os de fotocopiadora non serven.

 

                                                                   Os alumnos de 1º de Bacharelato

Esta entrada foi publicada en Contaminación. Garda a ligazón permanente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *