Especies da contorna (Universidade)

O pasado luns, tódol@s alumn@s de 2º da ESO achegámonos á contorna da Universidade para aprender sobre a biodiversidade vexetal e animal da nosa zona, e ao longo do camiño puidemos coñecer unha morea de hábitats e especies: merendeira, toxo, brezo, barbas de raposo, carballo, piñeiro, bidueiro, amieiro, salgueiro, capudre, acivro, equiseto… Os animais non se deixaron ver moito pero faláronnos dalgunhas especies como a procesionaria, vespas dos bugallos, ferreiriños, ánades, lagartos, víboras, etc.

A chuvia finalmente non nos permitiu ver todo o que queriamos, mais foi un boísimo repaso para non esquecernos da grande biodiversidade que temos así como da importancia de conservala. Está nas nosas mans.

Velaí unha pequena mostra da ruta:

Que é o que destacariades da saída?, que vos chamou máis a atención? Animádevos a participar!

1.No mato

Valorando a importancia do mato

2.Camiño das mámoas

Nas mámoas

3.Rumbo ao piñeiral

Camiño ao piñeiral

4.Rumbo ao piñeiral

Aparecen os nosos carballos: cantos bugallos!

2

5.No piñeiral

No piñeiral

21 10405559_842463195785073_2597579528798757078_n

6.Analizando os liques

Analizamos os distintos liques como bioindicadores da calidade atmosférica

7.Acivro ben cargadiño

Un acivro ben cargado… e ben acompañado!

8.Merendamos en Ciencias

Merendamos na Facultade de Ciencias para estar ben quentiños

9.Na Facultade de Ciencias

Unha facultade ben pintoresca… se cadra algún día estudaremos nela.

 

Esta entrada foi publicada en Saídas. Garda a ligazón permanente.

Unha resposta a Especies da contorna (Universidade)

  1. avatar Asun di:

    La salida fue muy divertida,yo estuve en el grupo dos y salgo en varias fotos!!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *