Debullando

Hai poucos días aparecía neste blog a foto do canastro da escola. Hoxe descubrides que conexión ten coa nosa Incubadora. Pois hoxe cando  marchamos do cole xa asomaban tres peteiros polos ovos. E ao hórreo fomos onte recoller as mazarocas que estiveron a cuberto todo o outono e inverno. Levámolas a clase e alí debullámolas usando as mans. Este venres imos ao muíño de Matamá, onde Ventura vainos explicar como funciona e imos moer todo o millo para traelo á escola e mesturalo co pienso que nos trouxo Uxía. Non nos vai dar para facer pan pero cando os pitiños pasen para a casa que lles temos preparada,o vindeiro venres, van ter comida e bebida abondo para estaren ben a gusto.

0 1 2 3 IMG_7905 (FILEminimizer)

 

Esta entrada foi publicada en Biodiversidade, poliños. Garda a ligazón permanente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *