En 1º da ESO comezamos unha nova andaina científica. Os nosos cativos están a “apadrinar” e coidar dunhas sementes de plantas descoñecidas…
Ao longo destes meses deberán conseguir que a súa semente vaia adiante para que a planta se desenvolva e así poder identificar cada unha das distintas especies. Temos en total 23 plantas medicinais diferentes.
Unha vez identificadas tocará investigar sobre as súas diversas propiedades terapéuticas.
Así que… ánimo rapaces! A ver cantas conseguimos sacar adiante entre todos!
Polo de agora, e rapidamente, xerminaron as plántulas nº 18 e nº 15 de 1ºA… pero que serán? Toca esperar e indagar.
A continuación un vídeo cos momentos compartidos:
Quedou moi bonita a montaxe do video,parabéns! Agora só falta que xerminen ben as plantas.
Grazas, Nerea. Si, a ver cantas conseguimos cultivar! Está nas nosas mans.
Espero que xerminen todas as plantas ben,sería xenial! E a ver cal lle toca a cada un!
Son Carmen Cavada, esquecinme do apelido, perdón!
Benvida, Carmen! Claro que si, a ver con que nos atopamos o luns 🙂
si, eu xa quero averigualo!!!
jejeje, xa queda menos!
Quedó genial el video.
Espero que las plantitas crezcan ya!
P.D: ¿hay que escribir en gallego?
Ola Laura, Benvida. Podes expresarte na lingua que desexes. Como podes ver máis abaixo mesmo hai un power point en Inglés (Oil Spill).