Facemos xabón!

Hoxe pola mañá os alumnos/as de 2º ESO estivemos facendo xabón! Moita responsabilidade, pero unha excelente oportunidade para reciclar outro dos residuos da nosa escola, aprender e vivir novas experiencias en grupo.

Moitas grazas pola colaboración de tanta xente na escola, e en especial ás compañeiras de cafetería que nos acumularon durante varios días sobre 5 litros de aceite usado e nos surtiron das botellas de plástico que precisabamos. Así dá gusto!

… remexe que te remexe, corta e verte! Menudo rock and roll o de hoxe! Parabéns rapaces!:

Esta entrada foi publicada en Aceites, Cartóns de leite, Contaminación. Garda a ligazón permanente.

2 respostas a Facemos xabón!

  1. avatar Raizame di:

    Que vos parece esta iniciativa? Poderemos repetir?
    Foi laborioso pero o resultado foi excelente.
    Dentro de moi pouco poderemos comprobar que tal quedaron os nosos xabóns!
    Nalgunhas das tinas experimentamos con aromas, de Lavanda e Sándalo… notaranse?,
    xa queda menos para saber!

  2. avatar Raizame di:

    A que os nosos alumnos de 2º ESO parecen auténticos científicos?,
    totalmente metidos no rol, menudo “look”! 😛

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *