Compostando

Nada máis comezar o curso, puxemos en marcha a reciclaxe dos restos orgánicos da nosas merendas coa idea de obter, trala súa transformación nos composteiros, un excelente humus ou abono orgánico.

Leva o seu tempo obtelo, mais unha vez produzamos certa cantidade poderémolo empregar na futura horta da escola.

En verdade, é fantástico obter tan bo abono, ao tempo que conseguimos reducir os restos que xeramos, e comprobar como o que habitualmente consideramos “lixo” non ten por que selo. Os nosos restos orgánicos poden ter unha 2ª vida tan beneficiosa como a que lle estamos a dar. A Natureza é unha grande mestra da reciclaxe, aprendamos dela!

Moitas grazas, en especial, aos alumnos e alumnas de Infantil e da ESO, pois coa súa grande colaboración estamos a recoller e acumular os restos das merendas e a distribuílos entre os dous composteiros que temos.

Velaí vai un recordo do encontro:

Esta entrada foi publicada en A horta, Residuos orgánicos. Garda a ligazón permanente.

Unha resposta a Compostando

  1. avatar Raizame di:

    Como levades esta experiencia?,
    non é doado traballar cos nosos residuos, pero que vos parece a iniciativa de compostar?

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *