No meu fogar teño unha horta

avatar Escrito por valadares2020
14 de Maio de 2020 a las 17:21h

Outro dos recordos que nos deixa este período alonxadas das aulas é a das nenas e nenos coidando das hortas das súas casas en familia. Imáxenes que trasladan vivencias significativas, porque teñen os ingredientes fundamentais: a familia e a natureza. Na volta á escola, todas estas aprendizaxes familiares na horta vainos ser de moita utilidade para recuperar a horta da Balbina!

Os maios na casa

avatar Escrito por valadares2020
4 de Maio de 2020 a las 12:04h

O confinamento non é motivo para non manter vivas as tradicións, coa chegada da primavera unha das festas populares máis vistosa é “O Maio”, desde a escola quixemos que as familias participaran desta tradición propoñendo a realización dun maio e incluso dalgunha copla, deste xeito, apuntámonos a iniciativas como as de #cantádemeunmaio ou #maionaxanela.

As respostas das familias non se fixeron agardar e xa podemos compartir varios dos maios que pequenas e pequenos fixeron na casa. E pola expresión das súas caras diriamos que viviron unha bonita experiencia; os primeiros paseos despois de días na casa para coller flores, xestas, fiúnchos, fentos, bugallos ou froitos, a súa participación na elaboración do maio e a satisfación de velo rematado. Estamos seguras que tamén tiveron a oportunidade de cantarlle algunha copla. A nosa é esta:

“Nun mes de maio florido, cheo de vida animal,

faltan humanos nas rúas, deixando espazo a linguaxe

da natureza constante; choiva, vento, o silencio…

Os cantares de paxaros que anuncian con alegría.

Xa queda pouco mociños!,

que se imos paseniño, e sendo moi precavidos

poderemos desfrutar e verémonos prontiño!.”

Velaquí as obras de arte florais e os bonitos paseos para recoller os elementos naturais:

Bolsas de tea

avatar Escrito por valadares2020
16 de Marzo de 2020 a las 9:15h

Unha das propostas máis aplaudidas polas familias e polo equipo educativo é reducir o uso do plástico e amosar unha escola onde outros materiais tomen protagonismo. O proxecto iniciámolo o anterior curso escolar, a través dun taller coas familias do grupo de maiores, e tan boa foi a acollida que decidimos estendelo a todo o noso alumnado. Aproveitando os encontros de final de curso para propoñer un taller coas familias para personalizar a bolsa de tea que usan este curso escolar e onde gardan as súas pertenzas persoais (roupa, calzado, obxectos de apego,…). Con esta iniciativa, ademais de estreitar lazos coa comunidade educativa, personalizar as bolsas da escola para nenas e nenos co que conleva de significado emotivo ao ser unha actividade compartida entre nais e pais, avós e avoas e incluso irmás e irmáns maiores, conseguimos reducir o uso das mochilas de plástico, e polo tanto, contribuir a un entorno onde outros materias menos invasivos tomen o relevo.

Regar

avatar Escrito por valadares2020
14 de Marzo de 2020 a las 9:03h

Cuando el agua humedece

la cara de mi jardín

mi alma alegre se enaltece

con su fragancia gentil.

Quiero en tardes serenas

mezclarme entre la espesura

y regarlas a manos llenas

con agua y con ternura.

Agua que dejo caer

sobre la verde presencia

es agua que vuelve a florecer

y oxigena mi existencia.

Regar con manos amigas

multiplicando la savia vital,

es pintar el mundo de clorofila,

fusionando lo humano y lo vegetal.

Esto que voy a escribir

sé que habrá quien lo dude,

y es que cuando riego el jardín:

¡Me siento como en las nubes!

Alejandro José Díaz Valero

 

Reciclar

avatar Escrito por valadares2020
12 de Marzo de 2020 a las 6:34h

A colaboración da familia coas actividades desenvolvidas na escola é fundamenal para asegurar aprendizaxes significativas para as nenas e nenos.

Na nosa escola o grupo de maiores ten na aula unha bolsa amarela onde botar todo o lixo que é plástico ao longo da semana. Cada venres tócalle a unha nena ou neno da aula levalo ao contedor amarelo coa súa familia. Unha proposta que permite traballar aspectos como a clasificación dos materiais (se é ou non plástico), a concienciación sobre a importancia de clasificar o lixo en diferentes contedores, os tempos de espera (é preciso agardar ao venre para levar a reciclar a bolsa do lixo co plástico e tamén é preciso agardar os turnos) e a colaboración e implicación da familia con valores relacionados co coidado do medioambiente. Este último un aspecto fundamental para afianzar ditos valores.

O coidado das plantas

avatar Escrito por valadares2020
2 de Marzo de 2020 a las 19:04h

As plantas están presentes nos interiores da escola tamén, o coidado das mesmas forma parte da vida cotiá do noso alumnado. Unha parada para limpalas e regalas resulta unha actividade do máis atractiva para as nenas e nenos.

A horta de Balbina

avatar Escrito por valadares2020
2 de Marzo de 2020 a las 18:53h

Na escola sempre tivemos claro a importancia de contectar ás nenas e nenos coa natureza. Con carácter  xeral, os profesionais non escollemos os entornos dos nosos centros, pero si decidimos canta enerxía empregar para adaptalos ás necesidades das pequenas e pequenos, e desde logo, unha horta é un recurso que nos resulta rico en posibilidades de aprendizaxes significativos.

Queremos aproveitar este espazo que nos brinda Voz Natura, para contarvos a nosa andaina co proxecto,  falaremos de relacións, de emocións, de experiencias na horta e tamén  do camiño iniciado para xerar un entorno onde o plástico sexa un elemento pouco visible, potenciando outros de maior riqueza sensorial para as nenas e nenos.

 

 

 

ojd