Em- Barouta-T, nó sostible.

“A compostaxe en Barouta”
Co paso dos anos e a asunción dun modelo de desenvolvemento baseado no consumismo e na cultura de usar e tirar incrementouse o volume de residuos, e non só a súa cantidade se non tamén a súa perigosidade.
O noso planeta xa non pode asumir máis residuos e polo tanto faise imprescindible aplicar o principio dos tres R: reducir, reutilizar e reciclar.

Cal é o mellor xeito de reducir os nosos residuos? Mercando só o imprescindible, usando envases reutilizables, separando os residuos en diferentes fraccións e botando os orgánicos no composteiro!!!
O primeiro que imos facer neste proxecto é investigar como debemos tratar os residuos orgánicos que sobran das nosas merendas.

Esta entrada foi publicada en Sin categoría. Garda a ligazón permanente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *