EmBaroutándonos nó sostible

Despois de comezar a nosa aventura co proxecto de centro “Somos o que comemos”,

continuamos EmBaroutándonos, nó sostible,  grazas á colaboración de Inspiratics ao ser galardonados co 1º premio dos V proyecta innovación.

Seguimos traballando no noso proxecto realizando unha “Ecoauditoría” para xestionar os nosos residuos, así como unha “Exposición” que nos permitiu saber como levar a cabo unha boa compostaxe no noso centro, empregando o uso da robótica para ver como as máquinas poden facilitar o noso traballo e a radio escolar como medio de difusión da información creada.

 

 

Continuamos levando a cabo o noso proxecto ao longo do 2º e 3º trimestres, proximamente teredes máis novas nosas, onde o respecto, coñecemento e coidado da nosa contorna, serán as principais protagonistas.

 

 

 

 

Publicado en Sin categoría | Deixa un comentario

Exposición compostaxe

Esta galería contén 2 fotos.

Grazas a ADEGA e as súas técnicas medioambientais, participamos na exposición sobre “como debe realizarse unha boa compostaxe” e “posterior montaxe do composteiro” no horto da nosa escola.     Despois da visita á exposición levamos a cabo a montaxe … Sigue lendo

Máis galerías | Deixa un comentario

Ecoauditoría

Grazas á colaboración das técnicas medioambientais de ADEGA e do concello de Ames,  investigamos a través dunha inspección ocular, sobre a xestión dos residuos no noso centro, seguindo as pautas dadas.

Grazas á realización desta ecoauditoría, analizamos os resultados da nosa xestión de residuos, procurando solucións para a mellora dos mesmos.

O premio para as mellores recicladoras e recicladores do Ceip de Barouta , foi para o marabilloso persoal de cociña e comedor que temos !!

http://cmserradobarbanza.gal/separacion-en-orixe/

 

 

Publicado en Sin categoría | Deixa un comentario

Em- Barouta-T, nó sostible.

Esta galería contén 1 foto.

“A compostaxe en Barouta” Co paso dos anos e a asunción dun modelo de desenvolvemento baseado no consumismo e na cultura de usar e tirar incrementouse o volume de residuos, e non só a súa cantidade se non tamén a … Sigue lendo

Máis galerías | Deixa un comentario