Zocas viaxeiras

BO DÍA FAMILIA

O Venres na festa do Magosto presentamos unha actividade de colaboración baixo o nome AS ZOCAS VIAXEIRAS.
No proxecto de voz natura, como todos sabedes, a terra conta cun especial protagonismo, xa que pensamos debe ser o primeiro elemento de xogo e de experiencia, se queremos chegar a facer un horto.
As vosas aportacións de “terra da miña terra” son fabulosas, e por iso, engadimos este novo complemento para acercarnos máis a terra: unhas zocas grandes e unhas zocas pequena que queren servir para andar e pisar a terra cando traballamos nela.
 Xa que moitos tedes a sorte de contar cunha aldea o lugar no rural, invitámosvos a levar as zocas e pisar esa terra, recuperar así un calzado propio do campo e cun sentido práctico de ter o pé sempre protexido da humidade e da auga.
Pedimos,se queredes facelo, unha foto coas zoquiñas postas.. e tamén se queredes podedes facer un debuxo o botar cor nelas..para deixara lembranza da viaxe.

AS ZOCAS TEÑEN UNHA CANCIÓN DE REFERENCIA..QUE PODEDES DE NOVO ESCOITAR NESTE ENLACE
 https://www.youtube.com/watch?v=wf8l-ntsTqA

ESTA FIN DE SEMANA, AS ZOCAS MARCHARON A CARNOTA…FAMILIA CARLOTA E ALBERTO.
BOA VIAXE E REGRESO A TODOS !!

collage carlota

 

collagevictorcollage elicollage maxdavid 1collage sara

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.