VIÑETA DE FORGES
Picade aquí para ver unha viñeta de Forges e comezar o ano cun pouco de humor.
EN DEFENSA DO PLANETA
Vídeo para os máis peques sobre algúns comportamentos da vida cotiá que repercuten directamente na conservación do medio ambiente. Aínda que o título do vídeo é “Denuncia del maltrato infantil” non ten nada que ver con iso.
embedded by Embedded Video
YouTube Direkt
BLOG AMBIENTAL
El Blog Verde é un blog moi interesante sobre medioambiente. Gustoume moito o artigo sobre o proceso de fabricación do papel.
El proceso del papel o de cómo un árbol se vuelve papel
AS ESTACIÓNS
Hoxe os nenos coñeceron ó esquío Pío, un amigo de Tito. O esquío Pío vive nunha árbore e a través do conto “As estacións” imos ver que lle vai pasando á árbore en inverno, primavera, verán e outono. Tamén lle botamos un ollo ás ábores de folla caduca que temos no xardín e vimos que xa case non lle quedan follas.
Hoxe ademais de Tito veu a vernos o seu amigo o esquío Pío.
Os plataneiros de sombra xa case están sen follas.
ADORNOS DE NADAL
As familias de Arela fixeron uns adornos de Nadal moi orixinais. Desde aquí damos as grazas a todos os que trouxeron adornos para dar ambientación navideña á escola.
SEPARAMOS LIXO
Despois de ver o conto “Perdido na cidade” estivemos vendo os tres cubos do lixo que temos na aula e recordando que tipo de residuo vai en cada un deles. Aquí van unhas fotos.
CONTO SOBRE A RECICLAXE
Presentámosvos o conto “PERDIDO NA CIDADE”, a través do cal introducimos ós máis pequenos na importancia da separación do lixo e da súa reciclaxe. Con este conto poderán facerse unha idea do colector que corresponde a cada tipo de residuo.
O conto conta a historia dun anaco de papel que está tirado no parque. Está moi triste porque non en amigos papeis. Entón as flores dinlle que ten que buscar pola cidade o colector de papel, que alí atopará outros papeis e cartóns. No seu paseo pola cidade coñece a Don Vidro, a Tico, a Bandullín e a Dona Papeleta. Neste último colector están os seus amigos.
FACEMOS UN MURAL
Para que os pais e nais coñezan a árbore de cada aula fixemos un mural. Ademais coñecemos algúns animaliños que viven no xardín coas árbores: as formigas, as arañas e os caracois.
Botamos o pegamento con moito coidado. Mirade que paneis tan bonitos nos quedaron:
O MURAL DOS CICLICTAS
O MURAL DOS TENISTAS
O MURAL DOS JUDOKAS
O PLATANEIRO DE SOMBRA: A ÁRBORE DA AULA DOS JUDOKAS.
A árbore da clase dos judokas é das máis grandes que temos no xardín.
Xogamos coas follas que están no chan. Como é outono ó plataneiro de sombra xa lle están caendo.
´
Os judokas tamén lle deron unha apreta ó plataneiro.
A OLIVEIRA: A ÁRBORE DA AULA DOS CICLISTAS.
A árbore dos ciclistas é unha das grandes oliveiras que temos na escola.
Vimos como son as súas follas: pequeniñas e longas.
Tamén descubrimos os seus froitos: as olivas.
Tito e as olivas!
Antes de volver para a aula a oliveira recibiu unha apreta.

